Un cazador de Piñor, detido por apuntar coa súa escopeta á Garda Civil
Unha patrulla sorprendeuno cazando de noite e escapou en quad. Durante a persecución ameazou con disparar.
A Garda Civil detivo un veciño do municipio ourensán de Piñor por apuntar a un vehículo da Benemérita que o seguía tras ser sorprendido cando cazaba de noite.
Segundo informou o Instituto Armado, a Garda Civil de Cea ás 3,30 horas do mércores detivo a M.R.E., de 51 anos de idade e veciño de Piñor, como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade.
O individuo está acusado de apuntar cun rifle durante a fuxida en quad ao vehículo da Garda Civil que o seguía ao sorprendelo cando cazaba de noite nun tecor de Piñor.
As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 do Carballiño.
Escribe o teu comentario