"A lei estatal pon en perigo a supervivencia do deporte base"
A Deputación de Lugo aprobará unha petición ao Goberno para que lance un plan de apoio económico ao deporte base. Segundo presentou hoxe o deputado Pablo Rivera, necesítase tamén unha regulación laboral máis flexible para os colaboradores de clubs e entidades sen ánimo de lucro.
A Deputación de Lugo aprobará unha petición ao Goberno para que lance un plan de apoio económico ao deporte base. Seguún presentou hoxe o deputado Pablo Rivera, necesítase tamén unha regulación laboral máis flexible para os colaboradores de clubs e entidades sen ánimo de lucro.
Na súa opinión “a lexislación estatal aplicable en materia laboral e deportiva está a poñer en serio risco a supervivencia de clubs e entidades deportivas, e a permanencia neles de adestradores, monitores, técnicos e mesmo deportistas, debido a que o seu labor altruísta e voluntaria está a equipararse cunha relación laboral convencional. Isto supón un incremento dos gastos derivados da práctica deportiva que, irremediablemente, vai conducir á desaparición de moitos clubs de base por ser incapaces de facer fronte ás esixencias económicas”.
A Deputación cre que este plan de apoio económico e mellora do deporte basee debe conter as medidas oportunas para asegurar o mantemento da consolidada rede de voluntariado no deporte, que realiza un labor altruísta, de maneira que a compensación económica que recibe polos gastos que lle ocasiona a actividade desenvolvida, de ningún xeito poidan ser considerada como un salario.
Rivera Capón engadiu que “unha vez establecido este plan, instamos o Ministerio de Emprego e da Seguridade Social, a desenvolver unha normativa en materia laboral que teña en conta a importante labor social e integradora que desenvolven adestradores, técnicos, ou voluntarios no campo do deporte basee”.
2.000 clubs de base lucense afectados
Na provincia de Lugo existen un total de 2000 clubs de base, inscritos, que non son profesionais. Os recursos destes clubs adoitan ser bastante modestos e as retribucións do persoal que colabora con eles redúcense, na maioría dos casos, a cubrir os gastos necesarios para realizar a actividade.
Escribe o teu comentario