coronavirus

​Pablo Insua: paciencia para superar o coronavirus e agradar a Pacheta

O central galego é baixa no pechacancelas por Covid-19, polo que terá que esperar a debutar con Pacheta.

Filtros HEPA para protexer aos menores do coronavirus nas aulas, demandan nais galegas

Un grupo de nais e pais preocupadas polos contagios de coronavirus nas aulas acaba de crear a Plataforma Filtros Hepa nas Aulas Galicia. Protestan ante a negativa da Xunta a instalar estes aparellos nas aulas, polo menos de forma xeneralizada, e as trabas ás que se enfrontan os centros que toman a iniciativa.O colectivo está formado por varias Anpas.

Covid por concellos: Alza récord en Santiago e indicios de caída en dous municipios coas restricións máis duras


A Xunta chega á reunión para revisar as restricións con case toda Galicia tinguida de vermello, no nivel máximo do semáforo de alertas estatal.

A pandemia da Covid-19 e o estado das autonomías

Agora quero engadir que o terceiro repunte da pandemia pon tamén no foco ao estado das autonomías evidenciando o seu deficitario desenrolo e articulación, pois está moi lonxe do que sería un estado federal, o que está a crear problemas e tensións á hora de atacar a pandemia.

Covid Galicia: Medias de positivos en máximos pero empeza a controlarse a taxa de positividade

Os últimos datos de coronavirus en Galicia son moi malos. Con todo, son os menos horribles dos últimos días. Mesmo hai boas noticias, por vez primeira en meses cae o número de pacientes nunha área sanitaria, en concreto en Santiago. Ademais, a curva da taxa de positividade está aplanándose.

Un brote de coronavirus deixa máis dunha trintena de afectados no Hospital Psiquiátrico de Conxo
Un brote da covid-19 detectado no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, afecta a un total 36 persoas, dos que 17 son traballadores do centro e 19 pacientes.
​O coronavirus non cheira a nada: estudos confirman que a perda de olfacto é o principal síntoma

Dous estudos internacionais acaban de confirmar que a perda de olfacto é o mellor síntoma para detectar a Covid-19. Estes estudos constatan que a maioría de paciente con infeccións respiratorias que perden o olfacto están relacionados con casos de coronavirus. A perda do sentido o gusto está moi asociado a isto. 

Récord de casos activos e de aulas pechadas por coronavirus na Educación non universitaria

Na área de Ourense, que suma 293 (+16), 11 aulas (-1) e 2 garderías pechadas (sen cambios), o caso máis grave dáse en o IES de Allariz, con 24 positivos e unha unidade clausurada, que o converte no centro con máis casos de toda Galicia.

Bugallo advirte que hai cinco veces máis covid que cando se pechou a cidade e cancela o entroido
Bugallo avanza que o goberno local presentará os orzamentos para 2021 o 30 de xaneiro
Un brote case un ano despois do inicio da pandemia forza a intervención da residencia Quercus de Leiro
A Xunta interveu a residencia Quercus do municipio ourensán de Leiro, que acumula 68 usuarios contaxiados e outros 15 traballadores con enfermidade activa.
Covid por concellos: A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra e Poio entre os que máis empeoran hoxe


Está a subir tanto o coronavirus en Galicia que pronto haberá que incorporar máis cores ao mapa de alertas. Non é xa que case todos os municipios das provincias da Coruña e Pontevedra sitúense en nivel de risco extremo, con máis de 250 de incidencia acumulada a dúas semanas; é que hai moitos próximos a superar os 1.000, a cidade de Ourense incluída.

Pacientes con danos neuronais quedan sen tratamento por un foco na clínica Quirón Saúde de Poio


As terapias en o Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud de Poio levan suspendidas desde o principio de esta semana. Varios pacientes e traballadores deron positivo de coronavirus nos últimos días.

Novos récords de covid indican que se necesitan máis restricións xa para salvar o SERGAS

Os últimos datos do coronavirus en Galicia son horrorosos. Máis de 1.500 positivos e máis de 1.000 novos casos activos nun só día. Cifras que xamais se viron e que ademais supoñen unha nova aceleración considerable da pandemia. 

Rexistran un foco de coronavirus na granxa da Baña con máis de 3.000 visóns que serán sacrificados
A Xunta informa da situación ao Ministerio de Agricultura e nos próximos días serán sacrificados todos os animais
Unha ducia pacientes de diálise de dous hospitais da Coruña sofren un brote de coronavirus
A metade dos afectados foron trasladados en ambulancias desde o seu domicilio
Covid por municipios: Subida récord en Ourense e Poio; non hai sinais claros de melloría nas urbes

A provincia da Coruña é, en termos xerais, a que está peor en Galicia. A práctica totalidade dos seus concellos supera os 250 positivos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas. O mesmo pasa en comarcas como A Mariña, Lemos, O Salnés, Arousa, Vigo, Val Miñor, Ourense, A Limia ou Verín.

Berro de auxilio do persoal de enfermería do CHUAC: "Suplicamos a vosa axuda; moita xente morrerá"
Mónica Pérez, enfermeira da planta Covid no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), cualificou de "preocupante" a situación no hospital ante o aumento de casos e, nunha mensaxe en nome do persoal de enfermería, pediu axuda a toda a poboación.
Novos récords de positivos e de casos activos de coronavirus dilúen as esperanzas dunha melloría

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son horripilantes. Os tenues indicios dunha melloría desaparecen case por completo. Nun só día o SERGAS confirmou máis de 1.300 positivos e ten que atender a máis de 1.000 novos casos activos, algo xamais visto.

Cribados no Insituto Antón Fraguas de Santiago e en Serra de Outes á busca de asintomáticos
O Sergas realizará este xoves un cribado entre 4.300 veciños da Serra de Outes e outro para alumnos e traballadores do instituto Antón Fraguas do compostelán barrio das Fontiñas.
Coronavirus Galicia: as medias seguen en niveis récord pero a taxa de positividade empeza a baixar


As últimas cifras do coronavirus en Galicia son malas, con máis de 1.100 novos positivos outra vez. Os tenues indicios dunha melloría non gañan consistencia hoxe, aínda que tampouco desaparecen de todo. A media da positividade segue á baixa, aínda que as incidencias semanal e a dúas semanas continúan en máximos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE