Coronavirus Galicia: as medias seguen en niveis récord pero a taxa de positividade empeza a baixar


As últimas cifras do coronavirus en Galicia son malas, con máis de 1.100 novos positivos outra vez. Os tenues indicios dunha melloría non gañan consistencia hoxe, aínda que tampouco desaparecen de todo. A media da positividade segue á baixa, aínda que as incidencias semanal e a dúas semanas continúan en máximos.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son malas, con máis de 1.100 novos positivos outra vez. Os tenues indicios dunha melloría non gañan consistencia hoxe, aínda que tampouco desaparecen de todo. A media da positividade está á baixa, aínda que as incidencias semanal e a dúas semanas continúan en máximos.


Ou05Mn incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia  (3)



Así, os 1.104 novos diagnósticos contribúen a que a incidencia acumulada semanal creza ata os 269 positivos por cada 100.000 galegos. Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia aumenta ata os 450, que é un 36% máis do pico sufrido na onda de outono.





Agora ben, a taxa de positividade leva dous días caendo. Aínda que o descenso de hoxe é ínfimo, do 10,26% ao 10,25%; mantén vivas as esperanzas dun cambio de tendencia.



EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS


Esperanzas de freada que tamén se aprecian na gráfica que mide a porcentaxe de cambio diario de casos activos. Os infectados seguen crecendo, hoxe son un 6,4%. Con todo, o ritmo de crecemento é menor que o da pasada semana.





De feito, a media semanal baixa ao 6,8%; o seu mellor rexistro no últimos catro días. A caída é moi recente e pequena, pero é outro indicio de que a desacelaración pode acabar fraguando nun descenso.


CONCLUSIÓNS


Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos inferir que:



  • O covid-19 segue crecendo en Galicia. De feito, xamais houbo tantos positivos. Con todo, o crecemento de contagios leva perdendo forza uns días. Se a taxa de positividade segue á baixa, será outro indicio máis dun cambio de tendencia. Son, en todo caso, indicios moi leves e recentes e, por tanto, facilmente reversibles. Como lembraron onte os expertos do SERGAS, con estas cifras non hai ningunha seguridade de que esteamos preto do pico, como indicou o luns Fernando Simón referíndose ao conxunto de España.
  • Unha crise moi grave nos hospitais é xa inevitable. Por exemplo, no últimos catro días o SERGAS ten case 200 hospitalizados máis en planta. Cuns 900 casos activos máis cada día, o peor está aínda por chegar. Ninguén pode descartar a estas alturas que Galicia esquive o confinamento domiciliario se quere que o sistema non colapse.
  • O repunte do Nadal xa se está deixando notar nas cifras de falecidos. Só en dúas xornadas comunicouse a morte de 28 persoas, un novo máximo desde a primeira onda. Desgraciadamente, neste indicador o peor aínda está por chegar.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS



A área sanitaria da Coruña volve ser a que máis positivos achega ao total galego, 205 de 970. É tamén a área con máis presión, con máis de 3.500 casos activos e 36 pacientes na UCI. Ferrol e Santiago son as outras áreas en peor situación, en función ao seu tamaño. Curiosamente,  A Coruña era a provincia peninsular que menos porcentaxe de poboación contaxiada sufrira nesta pandemia ata o impacto da actual onda, segundo o último estudo de seroprevalencia.





Ao empeoramento da Coruña contribúe non só a capital senón tamén outros municipios da súa contorna como Arteixo, Carballo, Sada ou Cambre.  Máis análise en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE