Novos récords de covid indican que se necesitan máis restricións xa para salvar o SERGAS
Os últimos datos do coronavirus en Galicia son horrorosos. Máis de 1.500 positivos e máis de 1.000 novos casos activos nun só día. Cifras que xamais se viron e que ademais supoñen unha nova aceleración considerable da pandemia.
Os últimos datos do coronavirus en Galicia son horrorosos. Máis de 1.500 positivos e máis de 1.000 novos casos activos nun só día. Cifras que xamais se viron e que ademais supoñen unha nova considerable aceleración da pandemia.
Débese só ás reunións do Nadal ou inflúen as novas cepas? É imposible sabelo. Iso si, hai unha certeza, ou a Xunta endurece rápida e drasticamente as restricións ou o SERGAS colapsará en cuestión de semanas. Ningún sistema de saúde pode aguantar estes incrementos.
Por exemplo, en só dous días Galicia sumou case 2.000 casos activos. Hai xa máis de 16.000 infectados na autonomía, cando o 1 de xaneiro non había nin 6.000 . O crecemento empeza a ser exponencial.
CAMIÑO DE 100 HOSPITALIZADOS NOVOS CADA DÍA
Hai que ter en conta que en torno ao 10% dos infectados necesita hospitalización. É dicir, que, de manterse estes crecementos, o SERGAS tería que hospitalizar case 100 persoas ao día, duplicando case o ritmo actual de hospitalizacións, que anda polos 50 ao día de media.
Os 1.505 novos positivos hoxe son un novo récord. Supoñen ademais un considerable salto sobre o anterior récord, onte, 1505. Isto contribúe a disparar as medias semanais e a 15 días.
Así a incidencia acumulada semanal está en máximos históricos, a piques de alcanzar os 300 positivos por cada 100.000 habitantes á semana. É o dobre da que había fai dúas semanas.
Abrindo o plano a 14 días, a incidencia acumulada tamén bate o seu récord. Está nuns inéditos 513. Xamais Galicia estivera por encima dos 500. E o que é máis grave, o ritmo de crecemento disparouse nas últimas xornadas.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
Aguantará o SERGAS? Esta é a pregunta que hai que facerse visto o aumento de casos activos. Hoxe crecen un 6,8% máis, son xa 13 días seguidos crecendo por encima do 5%, algo xamais visto.
A media da porcentaxe diaria había empezada a caer fai unhas xornadas. Ese era un dos indicios que permitiron albergar esperanzas dun próximo cambio de tendencia. Ese indicio desapareceu, pois esa media leva xa tres días estancada no 6,7%.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas cifras sobre a mesas, pódese inducir:
- A situación de Galicia é a máis grave desde o pico da primeira onda, polo menos en diagnósticos. A presión hospitalaria aínda non chegou aos niveis de entón, pero o peor está por chegar e probablemente chegue e, mesmo, supéreos.
- O SERGAS alega que deben pasar 14 días antes de poder concluír se as actuais medidas son suficientes para frear a pandemia. 14 días é o ciclo máximo da enfermade desde a exposición ata os primeiros síntomas. Con todo, visto o espectacular aumento das cifras a última semana, esperar máis tempo a endurecer as restricións parece temerario.
- Todos os indicios que había dun cambio de tendencia hanse evaporado nun par de días. Por exemplo, a taxa de positividade volve crecer, a pesar de estar o SERGAS realizando máis PCRs que nunca.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Todas as áreas sumaron máis de 100 diagnósticos, algo que case nunca se produciu.
As áreas sanitarias da provinciai da Coruña son as que máis presión hospitalaria soportan, en relación ao seu tamaño. Por exemplo, Ferrol ten normalmente 14 prazas UCI de adultos e agora mesmo xa hai alí 16 pacientes críticos.
As áreas sanitarias da Coruña e Vigo detectaron máis de 300 positivos onte. Isto débese en parte a que as súas respectivas cidades sumaron máis de 100 diagnósticos. Máis detalles da evolución a nivel municipal e por áreas nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario