Covid por concellos: A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra e Poio entre os que máis empeoran hoxe


Está a subir tanto o coronavirus en Galicia que pronto haberá que incorporar máis cores ao mapa de alertas. Non é xa que case todos os municipios das provincias da Coruña e Pontevedra sitúense en nivel de risco extremo, con máis de 250 de incidencia acumulada a dúas semanas; é que hai moitos próximos a superar os 1.000, a cidade de Ourense incluída.


|

Está a subir tanto o coronavirus en Galicia que pronto haberá que incorporar máis cores ao mapa de alertas. Non é xa que case todos os municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra sitúense en nivel de risco extremo, con máis de 250 de incidencia acumulada a dúas semanas; é que hai moitos próximos a superar os 1.000, a cidade de Ourense incluída.


A barreira de 1.000 é a fixada polo SERGAS para declarar a suspensión de todas as actividades non esenciais nos municipios de 10.000 habitantes. Peche total da hostalería. Case confinamento, nivel de restricións máximas con medidas excepcionais que lle chama a Xunta. Pedra que xa pesa sobre Viveiro, Arteixo e Xinzo e que o luns, salvo milagre, tamén se impoñerá sobre municipios como Poio.





A lista de concellos cuxo cómputo de positivos a 14 días máis crece hoxe é:


  • Boqueixon +15
  • Fene +15
  • Estrada A +15
  • Oleiros +17
  • Padron +17
  • Sada +18
  • Betanzos +19
  • Carballo +22
  • Santiago de Compostela +25
  • Ponteareas +28
  • Lugo +29
  • Leiro +30
  • Poio +31
  • Pontevedra +38
  • Ourense +39
  • Vigo +105
  • Coruña (A) +120


Os municipios cuxo cómputo de diagnósticos en 14 días baixa son moitos menos. Ademais, na maioría son baixadas case simbólicas, con algunhas excepcións. Todas elas, por certo, municipios da área sanitaria de Compostela:



  • Val do Dubra -8
  • Pontecesures -8
  • Arzua -7
  • Touro -7
  • Boiro -5
  • Outes -5


Pola contra, a pandemia segue crecendo en Santiago cidade.  Son xa 629 os positivos nas últimas dúas semanas, 24 máis que o cómputo de onte. Con todo, o crecemento de positivos leva xa bastantes xornadas sen bater o seu récord, parece estabilizado. É dicir, a pandemia segue crecendo, pero xa non está a acelerar en Compostela:





Onde crece e  non decelera é na cidade de A Coruña. Hoxe sofre o seu segundo maior salto no cómputo de positivos a 14 días, con 120 máis. Son xa 1.641 os positivos detectados na urbe nas últimas dúas semanas e non hai indicios de melloría. Non é de estrañar pois que desde o CHUAC recomenden saír só "por extrema necesidade".





A Coruña empeorou tanto nas últimas semanas que xa ten máis incidencia acumulada que Santiago. Con todo, é Ourense a urbe nunha peor situación, con case 700 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas. Tampouco en Ourense hai indicios claros dunha pronta melloría:





COMPARATIVA CIDADES


Lugo é a única cidade que se mantén por baixo dos 250 de incidencia acumulada, polo que segue en nivel de risco alto (en laranxa no mapa) e non extremo como o resto de urbes (en vermello no mapa).



Iso si, o covid-19 está a crecer notablemene na cidade de Lugo nas últimas xornadas, por exemplo hoxe o seu cómputo é de +29. Crece tanto que xa está a piques de volver a situación de risco extremo.


A evolución en todos os concellos de Galicia dos positivos nos últimos días pódese consultar na táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


En todas as áreas sanitarias estase disparando a gráfica de infectados, pero en A Coruña  é case unha verdadeira parede. En só tres días Sanidade ten que lidar con case 3.000 infectados máis:




Do mesmo xeito que este venres supón un récord no número de contagios tamén hai nova marca de total de casos activos con 17.125, 1.095 máis que 24 horas antes, co que se mantén a tendencia das últimas dúas semanas, nas que as persoas con infección activa crecen exponencialmente cada día.

Así, A Coruña suma xa 4.414 casos activos na súa área sanitaria (+290) e Vigo pasa o limiar dos 3.000 tras sumar 211 que deixan o cómputo global en 3.153. Santiago encamíñase tamén a superar esa liña con 2.843 (+149).

Tras elas atópase a área de Ourense, que acumula 2.413 casos (+18). Por baixo dos 2.000 están o resto de distritos sanitarios encabezados por Pontevedra --1.485 (+111)-- seguida de Lugo --1.449 (+88)-- e, por último, Ferrol --1.386 (+84)--. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS


Os 1.802 contagios detectados polas autoridades sanitarias (a través de calquera proba diagnóstica, non só PCR) son o máximo da pandemia. Tamén hai novo récord nos positivos por proba PCR, con 1.505, a pesar de que se practicaron 500 test menos que o día anterior, xornada na que se alcanzou o teito da crise sanitaria.

En total foron realizadas 12.179 probas PCR ao longo da xornada (van 1.297.047 desde o inicio) que lanzaron unha taxa de positividade do 13,3%, récord da pandemia se se descontan as primeiras semanas da crise nas que o número de test dispoñibles era máis limitado que na actualidade.

Con estas cifras Galicia case tripilica o 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, un baremo do que non se baixa na Comunidade galega desde o 24 de decembro. E é que só Lugo ten unha taxa de positividade menor do 10% nas últimas horas (9,3%), nas que Ourense chegou ao 21,7% e Ferrol ao 18%.





En canto ao número de contagios detectados por área --todas suman máis dun centenar de casos--, A Coruña é de novo a que máis achega con outra xornada de case medio milleiro de diagnósticos covid-19 cun total de 446 (+4). Vigo, con 354 (+31), tamén superou de novo os 300 contagios, limiar que se rozou en Santiago cos 295 diagnósticos (+62).

E é que só Pontevedra e Ferrol detectaron menos contagios que o día anterior con 162 (-52) e 129 (-12), respectivamente. En Ourense foron 253 (+11) e en Lugo 163 (+31).



ALTAS, CASOS E FALECIDOS
Así as cousas, en Galicia contaxiáronse de coronavirus 83.363 persoas desde o principio da pandemia. A área da Coruña-Cee foi a máis afectada, cun total de 18.781 diagnosticados, seguida de Vigo (16.262), Santiago-Barbanza (13.765), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (11.442), Lugo-A Mariña-Monforte (8.871), Pontevedra-O Salnés (8.690) e Ferrol (5.552).

Do total de persoas afectadas pola covid-19 curáronse 64.662 --689 nas últimas 24 horas--, mentres que a cifra de falecidos alcanza xa os 1.584, despois de que Sanidade notificase 18 falecementos nas últimas horas. 





Aínda que o peor desta onda aínda está por golpear aos hospitais, a gráfica de falecementos diarios reflicte xa a virulencia da crise.  Agora mesmo ninguén pode descartar que morran menos persoas que na primeira onda.  



InXUz coronavirus por concellos de galicia  (20)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE