Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.
Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.
A ocupación real das unidades de críticos en Galicia anda polo 92% e non polo 32% que di a Administración, segundo desvela un médico. A diferenza provén de camas en quirófanos, prequirófanos e reanimación, que o SERGAS considera UCI a pesar de non posuír de suficiente persoal ben formado para atendelas, como está a pasar agora mesmo na Coruña e Ferrol.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son boas. Boas no que ao rumbo da pandemia refírese, porque caen as medias de positivos. Moi preocupantes no referido ás UCIs que sofren cada vez máis presión. A cifra de mortos é simplemente horripilante, 40 notificou onte a Xunta, algo xamais visto, nin na primeira onda.
A melloría a nivel galego aínda non se deixa ver no mapa municipal, salvo algunha excepción como O Grove ou Lousame. Entre as cidades as mellores noticias para A Coruña, aínda que está por ver se se manteñen e son suficientes para evitar o colapso do CHUAC.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son boas. Todo o boas que poden ser unha xornada con máis de 800 contagios, claro. En todo caso, vindo onde vimos, e a pesar de que todos os días hai ducias de falecidos (14 onte mesmo), hai que celebrar que por vez primeira cae a incidencia a dúas semanas, sinal inequívoco de que a pandemia está a frear.
Os últimos datos do coronavirus afianzan os sinais de melloría. Por vez primeira desde o 4 de xaneiro os casos activos soben menos de 100 nun día. Cun pouco de sorte, a próxima semana empezará a baixar e empezará o alivo dun SERGAS que segue contra as cordas.
Entre os centros da área de Lugo, con 344 positivos, 10 aulas e 3 escolas pechadas, destacan o IES Río Cabe de Monforte de Lemos con 29 casos, e o IES Santiago Basanta Silva con 17 contagios.
Os hospitalizados en planta son xa 1.121, récord absoluto de toda a pandemia e máis do dobre do pico de outono. Hai que ter en cuena que dos 21.000 casos activos, polo menos uns 11.300, máis da metade, diagnosticáronse nos últimos 14 días.
A pesar dos sinais de cambio de tendencia a nivel autonómico, a práctica totalidade de municipios de Galicia segue en nivel de risco extremo por coronavirus.
Algo moi importante, dada a case desesperada situación no CHUAC. A curva que menos indicios dá de poder baixar pronto é a de Pontevedra, de feito hoxe a capital do Lérez é o concello de Galicia con peores cifras.
O país de Maduro vai á cola na realización de probas PCR