Boas noticias: a curva de casos activos de coronavirus en Galicia está a piques de aplanarse

Os últimos datos do coronavirus afianzan os sinais de melloría. Por vez primeira desde o 4 de xaneiro os casos activos soben menos de 100 nun día. Cun pouco de sorte, a próxima semana empezará a baixar e empezará o alivo dun SERGAS que segue contra as cordas.


|


Os últimos datos do coronavirus afianzan os sinais de melloría. Por vez primeira desde o 4 de xaneiro os casos activos soben menos de 100 nun día. Cun pouco de sorte, a próxima semana empezará a baixar e comezará o alivio dun SERGAS que segue contra as cordas.


Con todo, a evolución é dispar. Por exemplo, a área de Santiago está a reducir os seus positivos notablemente, pero os diagnósticos están a aumentar na área de Pontevedra. 


Oxj83  b casos activos coronavirus en galicia b




Os 1.185 novos positivos confirmados por PCR seguen empuxando cara abaixo a incidencia acumulada semanal. Está en 316 diagnósticos por cada 100.000 galegos, tras o cuarto día consecutivo de tímido pero visible descenso.


Abrindo o plano a dúas semanas, aínda non hai redución. Con todo, a gráfica de a incidencia acumulada a 14 días xa está practicamente plana. Con sorte, é posible que mañá sexa o primeiro día que baixe. A última vez que baixou foi o 2 de xaneiro.





A taxa de positividade continúa caendo. Por primeira vez en bastantes días encadeamos dúas xornadas seguidas por baixo do 10%, o que axuda a que a media semanal descenda ao 9,7%. 


É o mellor rexistro desde hai dúas semanas pero aínda está moi lonxe do 5%, o límite que estima a OMS para poder considerar que un foco está en vías de control. 


EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS


A melloría é evidente na gráfica que mide o cambio diario de porcentaxe de infectados. A derivada de casos activos mostra unha caída constante e forte desde o 15 de xaneiro. Descenso que hoxe se prolonga grazas a un excelente dato, os casos activos onte só creceron nun 0,4%. 




É a mellor cifra desde Ano Novo e tradúcese en que o angustiado SERGAS só tivo que lidar onte con 97 casos máis. A media semanal cae ata o 2,5%, o mellor nivel desde o 4 de xaneiro. En todo caso, os 22.608 infectados representan unha cantidade xamais vista, nin na primeira onda.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos inferir que:


  • Nunca houbo tantos enfermos de coronavirus en Galicia. Con todo, o ritmo de contagios leva baixando máis dunha semana. Se as cousas seguen así, pronto haberá máis altas que contagios.
  • De chegar, ese será un día de celebración para o SERGAS pois, pasadas unhas semanas, traducirase nun progresivo alivio da presión hospitalaria.
  • Presión hospitalaria que está en máximos de toda a pandemia pero cuxa curva xa empeza a aplanarse, polo menos nas plantas convencionais. Hoxe hai 1.130 enfermos en cama convencional, que son só 37 máis dos que había fai catro xornadas. Lembrar que vimos dun ascenso brutal, con subidas de case 100 hospitalizados nunha soa xornada.
  • De confirmarse esta tendencia, o SERGAS haberá zafado na fronte das hospitalizacións convencionais. Non serán necesarios os hospitais de campaña, aínda que si os traslados de enfermos desde as áreas máis apuradas, como xa está a pasar en Ferrol.
  • O que non está claro é se o SERGAS evitará o colapso das UCIs a nivel galego, porque a nivel local xa colapsaron en áreas como Ferrol, que só se manteñen á boia grazas a traslados. As cifras de enfermos críticos xa están en máximos e, con sorte, aínda pasará polo menos unha semana antes de que as UCIs empecen a aliviarse.
  • En ningún caso hai que lanzar as campás ao voo. A cifra de máis de 1.000 positivos ao día é unha barbaridade. Implica, por exemplo, que cada día as UCIs, xa saturadas, recibirán aproximadamente 8 enfermos máis. E hai que lembrar que aqueles que se salvan nas UCIs tenden a logralo tras longas convalecencias, de meses mesmo.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


A Coruña é a área con máis casos activos, novos positivos, hospitalizados e enfermos críticos. Tamén é a área con máis poboación de Galicia. Hoxe achega 293 do 1.185 novos diagnósticos e por vez primeira supera os 80 enfermos en UCI.





As cifras de hoxe son especialmente malas na área de Pontevedra. É a segunda máis pequena por poboación e este domingo é a terceira con máis novos diagnósticos, 148. Isto débese ás pésimas cifras en concellos como Pontevedra cidade, pero tamén Vilagarcía ou Sanxenxo. Máis información en detalle da evolución  a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE