Empeza o alivio nos hospitais e continúa a lenta caída das medias de positivos de covid
Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.
Os últimos datos do coronavirus en Galicia supoñen un paso adiante máis na lenta melloría.
Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.
A nivel xeográfico hai un comportamento dispar. Mentres as áreas sanitarias de Santiago e A Coruña parecen superar o pico, a situación non é tan clara Pontevedra e Vigo, con considerables subidas hoxe.
Os 935 positivos deste mércores son máis que os do martes e o luns. Con todo, contribúen a que o que realmente importa, as medias semanais e a dúas semanas, sigan baixando.
Así, a incidencia acumulada semanal baixa desde 293 a 280 positivos por cada 100.000 galegos. Abrindo o plano a dúas semanas tamén se aprecia que o descenso continúa, hoxe pasa de 630 a 624.
Ademais, a taxa de positividade cae. A media semanal está en 9,3% de PCRs positivas, o mellor dato desde mediados de xaneiro. O 6,9% de onte é outro pasito máis cara lograr alcanzar o 5% que estima a OMS como máximo para poder considerar un foco en vías de control.
Hai que ter en conta que a caída de positividade, iso si, está condicionada por os cribados masivos. Ao facer moitas PCRs, onte 13.400, é normal que caia a positividade, sobre todo se se fan a pacientes asintomáticos, como pasou esta fin de semana na Coruña e Santiago, por exemplo.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
Moi boas noticias no cómputo de infectados. Segundo día desta semana que descende. Moi pouco, só o 0,5%; pero suficiente para limar a media semanal, que cae de 1,4% a 0,8%.
É dicir, aínda hai máis diagnósticos que altas, se miramos desde unha perspectiva semanal.
Agora ben, as altas empezan a gañar a partida, por exemplo hoxe. De seguir así a fin de semana Galicia podería dicir que, desde un punto de vista semanal, rexistra máis curacións que diagnósticos. Será entón cando poderemos estar seguros de que a presión s o SERGAS vai costa abaixo, polo menos a nivel autonómico e en principio sobre o sistema de rastrexo e despois, con sorte, en hospitais, despuésn en UCIs e aínda máis tarde caerán os falecementos.
CONCLUSIÓNS
Con todas estatísticas a consideración, podemos inferir que:
- A pandemia está a baixar en Galicia desde finais de xaneiro. Non hai indicios de rebote. O descenso, iso si, é outra vez moito máis pausado do que foi o ascenso.
- De non rebaixar a Xunta as restricións, que non debese, os contagios seguirán caendo. Salvo que entre na ecuación algún factor inesperado, por exemplo a temida extensión da cepa británica.
- Por agora non hai sorpresas, a caída é firme e xeneralizada, aínda que en termos xerais o sur do país non está a mellorar tanto como o norte, máis castigado ao incio desta onda.
- A presión sobre as plantas dos hospitais parece preto de tocar teito. Basta mirar a gráfica de encamados non críticos para observar que o indicador está nunha meseta desde aproximadamente hai unha semana.
- A presión sobre os hospitais debese ir mellorando aínda máis, dado que as residencias de anciáns están case todas inmunizadas, e son os maiores os máis vulnerables.
- En canto consolídese a caída de hospitalizados, aínda haberá que esperar polo menos outra semana para notar alivio nas UCIs. O que é unha noticia pésima, pois as unidades de críticos de Ferrol e A Coruña xa están colapsadas, levan días usando camas de reanimación.
- Aínda máis haberá que esperar para que caia a curva de falecidos, que está en niveis nunca vistos. En só dous días o SERGAS comunicou 68 mortos, algo xamais visto. 28 foron comunicados onte.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
Só as dúas áreas máis poboadas superan os 200 novos diagnósticos, Vigo (232) e A Coruña (203). Con todo, en relación ao seu tamaño, as peores cifras son as da área de Pontevedra, en terceira posición a pesar de ser a penúltima en poboación, con 125 contagios.
As malas cifras hoxe en Vigo e Pontevedra explícanse polo menos en parte por subidas de positivos nos municipios das dúas cidades, pero tamén en Cangas, Vilagracía, Marín, O Porriño ou Redondela. Máis ánalisis en detalle das tendencias a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario