Empeza o alivio nos hospitais e continúa a lenta caída das medias de positivos de covid

Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia supoñen un paso adiante máis na lenta melloría.


Boas noticias tanto en diagnósticos como en hospitalizados, cuxa gráfica empeza a dar sinais de estar nunha meseta previa, con sorte, a un descenso que o SERGAS necesita como auga de maio.


Oxj83  b hospitalizados en planta convencional por coronavirus en galicia b




A nivel xeográfico hai un comportamento dispar. Mentres as áreas sanitarias de Santiago e A Coruña parecen superar o pico, a situación non é tan clara Pontevedra e Vigo, con considerables subidas hoxe.


Os 935 positivos deste mércores son máis que os do martes e o luns. Con todo, contribúen a que o que realmente importa, as medias semanais e a dúas semanas, sigan baixando.


Así, a incidencia acumulada semanal baixa desde 293 a 280 positivos por cada 100.000 galegos. Abrindo o plano a dúas semanas tamén se aprecia que o descenso continúa, hoxe pasa de 630 a 624. 


Ademais, a taxa de positividade cae. A media semanal está en 9,3% de PCRs positivas, o mellor dato desde mediados de xaneiro. O 6,9% de onte é outro pasito máis cara lograr alcanzar o 5% que estima a OMS como máximo para poder considerar un foco en vías de control. 





Hai que ter en conta que a caída de positividade, iso si, está condicionada por os cribados masivos. Ao facer moitas PCRs, onte 13.400,  é normal que caia a positividade, sobre todo se se fan a pacientes asintomáticos, como pasou esta fin de semana na Coruña e Santiago, por exemplo.

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

Moi boas noticias no cómputo de infectados. Segundo día desta semana que descende. Moi pouco, só o 0,5%; pero suficiente para limar a media semanal, que cae de 1,4% a 0,8%. 






É dicir, aínda hai máis diagnósticos que altas, se miramos desde unha perspectiva semanal. 


Agora ben, as altas empezan a gañar a partida, por exemplo hoxe. De seguir así a fin de semana Galicia podería dicir que, desde un punto de vista semanal, rexistra máis curacións que diagnósticos. Será entón cando poderemos estar seguros de que a presión s o SERGAS vai costa abaixo, polo menos a nivel autonómico e en principio sobre o sistema de rastrexo e despois, con sorte, en hospitais, despuésn en UCIs e aínda máis tarde caerán os falecementos. 

CONCLUSIÓNS

Con todas estatísticas a consideración, podemos inferir que:


  • A pandemia está a baixar en Galicia desde finais de xaneiro. Non hai indicios de rebote. O descenso, iso si, é outra vez moito máis pausado do que foi o ascenso.
  • De non rebaixar a Xunta as restricións, que non debese, os contagios seguirán caendo. Salvo que entre na ecuación algún factor inesperado, por exemplo a temida extensión da cepa británica. 
  • Por agora non hai sorpresas, a caída é firme e xeneralizada, aínda que en termos xerais o sur do país non está a mellorar tanto como o norte, máis castigado ao incio desta onda.
  • A presión sobre as plantas dos hospitais parece preto de tocar teito. Basta mirar a gráfica de encamados non críticos para observar que o indicador está nunha meseta desde aproximadamente hai unha semana. 
  • A presión sobre os hospitais debese ir mellorando aínda máis, dado que as residencias de anciáns están case todas inmunizadas, e son os maiores os máis vulnerables.
  • En canto consolídese a caída de hospitalizados, aínda haberá que esperar polo menos outra semana para notar alivio nas UCIs. O que é unha noticia pésima, pois as unidades de críticos de Ferrol e A Coruña xa están colapsadas, levan días usando camas de reanimación.
  • Aínda máis haberá que esperar para que caia a curva de falecidos, que está en niveis nunca vistos. En só dous días o SERGAS comunicou 68 mortos, algo xamais visto. 28 foron comunicados onte. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Só as dúas áreas máis poboadas superan os 200 novos diagnósticos, Vigo (232) e A Coruña (203). Con todo, en relación ao seu tamaño, as peores cifras son as da área de Pontevedra, en terceira posición a pesar de ser a penúltima en poboación, con 125 contagios.



As malas cifras hoxe en Vigo e Pontevedra explícanse polo menos en parte por subidas de positivos nos municipios das dúas cidades, pero tamén en Cangas, Vilagracía, Marín, O Porriño ou Redondela. Máis ánalisis en detalle das tendencias a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE