A alcaldesa de Boimorto aférrase ao cargo tras coarse nas vacinas do coronavirus e abrirlle o PP un expediente

Pide ao órgano de garantías da cúpula autonómica que lle abra expediente disciplinario e determine se cometeu algunha infracción grave

|

O seu partido non esixe a súa dimisión inmediata, só que se lle abra un expediente disciplinario. A residencia é municipal, polo que Novo alega que como alcaldesa é a xefa de persoal, aínda que non é sanitaria. 


Só o persoal de primeira liña pódese vacinar nesta quenda.  


Maru00eda Jesu00fas Novo nunha foto da Xunta

María Jesús Novo nunha foto da Xunta 


O PP da Coruña anunciou que pedirá ao Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG a apertura dun expediente disciplinario á alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, despois de transcender que a rexedora recibiu a vacina contra a covid-19.


Así mesmo, o PP solicitará que se lle suspenda preventivamente de militancia e que se analice se cometeu algunha infracción grave que poida conlevar a expulsión do partido.


A ALCALDESA ESQUIVA Á PRENSA
Foi 'elDiario.es' o que avanzou este xoves que a rexedora se había vacinado a pesar de non ter ningunha relación médica coa residencia da localidade. Europa Press tentou sen éxito solicitar a versión da alcaldesa, pero o que Novo xustificou ao medio que adiantou a información, é que, a pesar de non formar parte do persoal, exercía funcións de "xefa de persoal" do centro xeriátrico.

De feito, dita residencia depende do Concello que ela dirixe e foi o propio centro xeriátrico o que deseñou a listaxe de persoas ás que se lles debía administrar a vacina contra a covid-19, listaxe que agora está baixo a lupa do Servizo Galego de Saúde.

Segundo trasladou a rexedora, o seu nome figuraría nesa listaxe a pesar de non ter unha relación profesional co centro porque acudía de forma habitual e exercía como "xefa de persoal", ou se encargaba de realizar directamente compras de útiles ou medicamentos que necesitaba a residencia.

 

Esta é a versión que comunicou a rexedora e que analizarán agora os membros da formación que dirixe Alberto Núñez Feijóo para determinar os pasos que segue o seu expediente interno.

María Jesús Novo recibiu a vacina o pasado 28 de decembro, un día despois de que se administrase en Santiago a primeira vacúa contra a covid-19 que se poñía na Comunidade galega.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE