Covid Galicia: Medias de positivos en máximos pero empeza a controlarse a taxa de positividade

Os últimos datos de coronavirus en Galicia son moi malos. Con todo, son os menos horribles dos últimos días. Mesmo hai boas noticias, por vez primeira en meses cae o número de pacientes nunha área sanitaria, en concreto en Santiago. Ademais, a curva da taxa de positividade está aplanándose.


|

Os últimos datos de coronavirus en Galicia son moi malos. Con todo, son os menos horribles dos últimos días. 

Mesmo hai boas noticias, por vez primeira en meses cae o número de pacientes nunha área sanitaria, en concreto en Santiago. Ademais, a curva da taxa de positividade está aplanándose.


Os 1.323 positivos confirmados por PCR onte é a mellor cifra dos últimos 4 días. Con todo, tamén é o cuarto día consecutivo que os diagnósticos superan os 1.000. Isto provoca que as medias sigan disparadas.


Así, a incidencia acumulada semanal bate outra vez o seu récord subindo de 313 a 320 positivos por cada 100.000 galegos á semana. Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia tamén está en máximos, 564, que é máis do triplo da que había en Fin de Ano.





A que si está aplanándose é a curva da taxa de positividade, que de feito hoxe cae do 10,9% ao 10,7%; en parte grazas ao 10,6% de positivos de onte. A esta contención tamén contribúe que o SERGAS xamais fixo tantas PCRs, a media semanal está en case 11.500.


Ou05Mn taxa de positividade de coronavirus en galicia  (1)




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS


Galicia bate o seu máximo de infectados con case 19.000 hoxe. Con todo, o crecemento desde onte, 706, é o menor desta semana. De feito, o crecemento porcentual, 3,6%, é o mellor desde o 2 de xaneiro.





Isto contribúe a que a media semanal da porcentaxe de cambio diario baixe outro chanzo, ata un crecemento diario do 6,2%; o seu mellor rexistro desde o 11 de xaneiro.


CONCLUSIÓNS


Con todas estas cifras sobre a mesa pódese inferir:



  • As cifras de hoxe supoñen un alivio fronte á tolemia de ascensos rexistrada desde o martes. Con todo, sería temerario concluír que estamos ante un próximo cambio de tendencia.
  • Galicia segue atopando máis de 1.000 positivos ao día cunha taxa de positividade superior ao 10%. Empezou a semana cuns 500 hospitalizados en cama convencional e termínaa con máis de 900. O SERGAS non pode soportar tales incrementos moito máis sen colapsar.
  • En teoría, mañá a Xunta debería endurecer de maneira moi notable as restricións. É probable que moitos máis concellos queden baixo as "restricións máximas con medidas excepcionais" que xa soportan Viveiro, Arteixo e   Xinzo. Limitacións que, por certo, empezan a mellorar as cifras deses municipios.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

A Coruña é outra vez a área sanitaria que máis positivos achega, 390 dos 1.325. É case o 30% do total, máis do que lle corresponde polo seu tamaño. 





Por vez primeira en moitos días hai unha área sanitaria por baixo dos 100 novos diagnósticos, Ferrol. 


Ademais, por vez primeira desde o 9 de decembro hai unha área que baixa en casos activos, Santiago. Máis información en detalle a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE