Filtros HEPA para protexer aos menores do coronavirus nas aulas, demandan nais galegas

Un grupo de nais e pais preocupadas polos contagios de coronavirus nas aulas acaba de crear a Plataforma Filtros Hepa nas Aulas Galicia. Protestan ante a negativa da Xunta a instalar estes aparellos nas aulas, polo menos de forma xeneralizada, e as trabas ás que se enfrontan os centros que toman a iniciativa.O colectivo está formado por varias Anpas.


|

Un grupo de nais e pais preocupadas polos contagios de coronavirus nas aulas acaba de crear a Plataforma Filtros Hepa nas Aulas Galicia

Protestan ante a negativa da Xunta a instalar estes aparellos nas aulas, polo menos de forma xeneralizada, e as trabas ás que se enfrontan os centros que toman a iniciativa.



Parte Integrantes fundacionais P.H.nas aulas


Membros de DERPA nunha imaxe remitida aos medios




O colectivo está formado por varias Anpas. Son as do CEIP Chan-Bemvribe de Vigo, CPI San Vicente da Baña, IES Antón Alonso Rios de Tomiño, CEIP Sobrada de Tomiño, CEIP Canicouva de Vigo, CRA Raíña Arangonta das Landras, CEIP Luís Pimentel de Lugo . Participan tamén familias do CEIP Marcón de Pontevedra, do CEIP Neira Vilas de Gondomar,  de o CEIP Vila de Rutis de Culleredo. A asociación Deretio a Ensinanza sen Risco en Pandemia (DERPA Galiza) e Salceda pola Infancia e a Xuventude (SAPIX) tamén colaboran na iniciativa.


APARELLOS COMPRADOS E DEVOLTOS

A Plataforma asegura que a Consellería Educación está a poñer trabas aos colexios que queren instalar estes filtros. Segundo o seu relato, a Xunta dilata a aprobación da instalación ao esixir un estudo técnico que "despois non fan".


Os proxenitores argumentan que son varias as institucións que recomendan a instalación de filtros HEPA nas aulas. Entre outras, citan á Universidade de Harvard e ao propio CSIC. Tamén aseguran que outras autonomías, como Castela - León ou Andalucía, non están a poñer trabas. 


Pola contra, en Galicia danse casos de ANPAS que compraron os filtros e agora non os poden instalar. Tamén hai colexios que tiveron que parar o proceso de compra, ou mesmo devolver os aparellos.


QUE DIN Os CIENTÍFICOS?

Hai que lembrar que a recomendación oficial do CSIC é que "se non se pode recorrer a ningunha medida de ventilación, débese purificar o aire con equipos provistos de filtros HEPA".


O organismo estatal abre tamén a porta á súa utilización xunto á ventilación natural, en función do que indiquen as medicións de CO2, que serven para controlar se a ventilación é eficiente.


Os filtros HEPA son o que usan, por exemplo, moitos avións para renovar o aire de cabina. O CSIC incluso chegou a publicar unha lista de aparellos con filtros EPA para "axudar a elixir o necesario".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE