A proposta avalada pola comunidade educativa e o barrio da Almáciga foi rexeitada no pleno municipal de Santiago polos votos do PP e a abstención dos edís non adscritos. A asociación de nais e pais anuncia unha asemblea o 18 de marzo para decidir novas accións.
Un grupo de nais e pais preocupadas polos contagios de coronavirus nas aulas acaba de crear a Plataforma Filtros Hepa nas Aulas Galicia. Protestan ante a negativa da Xunta a instalar estes aparellos nas aulas, polo menos de forma xeneralizada, e as trabas ás que se enfrontan os centros que toman a iniciativa.O colectivo está formado por varias Anpas.