Bugallo advirte que hai cinco veces máis covid que cando se pechou a cidade e cancela o entroido

Bugallo avanza que o goberno local presentará os orzamentos para 2021 o 30 de xaneiro

|

Compostela ten case o triplo que a incidencia acumulada que había en fin de ano, aínda que o ritmo de avance parece relaxarse un pouco nas últimas xornadas  


O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, alertou este venres en rolda de prensa da evolución dos contagios por covid-19 na cidade, que rexistra 653 casos activos. Unha situación que, en palabras do rexedor compostelán, é "moi perigosa".

"Vistos os datos dos últimos días, contaba con falar de certa retardación, pero xa non se que dicir. Temos 34 casos activos máis que onte, un crecemento do 5%", recoñeceu o alcalde, que cualificou os datos de incidencia acumulada --de máis de 600 casos-- como "unha barbaridade".


Efectivamente, na gráfica que a diario actualiza Galiciapresss pódese ver que a incidencia acumulada da capital rolda os 620 positivos por cada 100.000 santiagueses nas últimas dúas semanas, algo xamais visto, nin na primeira onda: 




"Agora mesmo case quintuplicamos a incidencia que se rexistraba cando se produciu o peche perimetral da cidade. Xa non é unha situación preocupante, é alarmante"


"Agora mesmo case quintuplicamos a incidencia que se rexistraba cando se produciu o peche perimetral da cidade. Xa non é unha situación preocupante, é alarmante", explicou Bugallo.


"Estamos moi por encima dos parámetros que acenden todas as luces de alarma. A situación é de risco extremo, cos peores datos de toda a pandemia", recoñeceu o alcalde que, con todo, matizou que actualmente se realizan "moitas máis PCR" que durante a primeira onda, polo que descoñece "se se están comparando magnitudes semellantes".


ENTROIDO VIRUTAL?

Sánchez Bugallo realizou, unha vez máis, un chamamento a todos os composteláns para que "sexan responsables" e ofreceu "a máxima colaboración" do goberno local ás autoridades competentes. Ademais, indicou que non lle "sorprendería" que a Xunta, mediante o comité e o subcomité clínico, tomase "medidas máis restritivas".

Respecto a os festexos de entroidos, o rexedor compostelán ha confirmado que non se celebrará "nada fisicamente", aínda que meditarán sobre a posibilidade de preparar algo virtual, "se a evolución da situación permíteo", aínda que non é unha "prioridade" para o concello. "Temos outros problemas máis graves dos que ocuparnos", subliñou Bugallo.

NOVOS ORZAMENTOS PARA O 30 DE XANEIRO
Doutra banda, o alcalde confirmou que xa se completou o proceso de pago das axudas convocadas en marzo de 2020 para os sectores máis afectados pola pandemia de covid-19. En canto á segunda liña de subvencións, convocada en decembro, Bugallo indicou que a administración local "está a realizar os maiores esforzos" para que se abonen "a finais de xaneiro ou principios de febreiro".

Sánchez Bugallo tamén avanzou que o día 30 de xaneiro o goberno local presentará os orzamentos para o ano 2021, "que superarán os 120 millóns de euros" e que, coa incorporación dos remanentes e o superávit acumulado de 2020, espera que alcancen os 130 millóns de euros.

"É o maior orzamento do concello de Santiago. Espero que con el consigamos responder as necesidades da cidade, concretamente ás da pandemia e o Xacobeo", sinalou concluíndo.


Mq8BG coronavirus no concello santiago evoluci n recente nbsp  (3)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE