Cribados no Insituto Antón Fraguas de Santiago e en Serra de Outes á busca de asintomáticos

O Sergas realizará este xoves un cribado entre 4.300 veciños da Serra de Outes e outro para alumnos e traballadores do instituto Antón Fraguas do compostelán barrio das Fontiñas.

|

O centro de Secundaria ten seis casos activos segundo o último reconto oficial, pero a Xunta teme que haxa máis infectados sen síntomas. 


Os datos da capital de Galicia seguen sendo horribles, aínda que parece que o pico pode estar próximo, pois a incidencia continúa crecendo pero freou algo os últimos días.





O Sergas realizará este xoves un cribado entre 4.300 veciños da Serra de Outes e outro para alumnos e traballadores do instituto Antón Fraguas do compostelán barrio das Fontiñas.

Estas accións, dirixidas a detectar casos de covid-19, especialmente, pacientes asintomáticos, desenvolveranse ao longo deste xoves.


OUTES ESTÁ a MELLORAR

Para o primeiro están citadas máis de 4.300 veciños da Serra de Outes, todos eles maiores de 15 anos que non teñen PCR positiva no últimos tres meses. As probas realizaranse no centro de saúde de Outes. O cribado en Outes realizarase a pesar de que a súa influencia acumulada ha caído nos últimos días. O 14 de xaneiro sumara 41 positivos en 14 días, onte o seu cómputo era de 32, segundo pódese comprobar na táboa ao final desta noticia.


Ademais, tamén dentro da área sanitaria de Santiago, o Sergas realizará test entre o mércores xoves a 767 alumnos e traballadores do IES Antón Fraguas da capital galega.

Por outra banda, o cribado realizado en edificio CACTO da USC lanzou cero positivos de entre as 67 persoas sometidas a proba (estaban 68 citados)
. Así mesmo, o cribado feito no sector do comercio e hostalería de Pontecesures saldouse cun 91% de participación.



Mq8BG coronavirus no concello santiago evoluci n recente nbsp  (2)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE