Os problemas derivados dos concursos adxudicados a ofertas moi baixas acumúlanse. Agora os contratistas apertan á Xunta e queren renegociar o convenio, o que á súa vez empeoría as situación de máis de 1.800 traballadores. A CIG, o principal sindicato do sector, non está polo labor de acceder á presión da patronal. A principal empresa, Ambuibérica, pide un recorte de salarios do 25%.
A CIG-Saúde pregunta se "o Sergas está tan en bancarrota" como para non ter diñeiro para as nóminas do mes de xuño.
A CIG-Saúde refírese a que este servizo ten "de man" a determinados técnicos aos que ofrece contratos cando lles correspondería a outros mellor situados nas listas.