O "retiro dourado" da exconselleira de Sanidade Rocío Mosquera
O sindicato CIG-Saúde reprochou á Consellería de Sanidade a modificación da Lei de Saúde, que supuxo a creación de Estruturas de Xestión Integrada, para "desmantelar" as Xerencias de Primaria mentres manteñen ao mesmo tempo a empresas como Galaria xestionando servizos da área sanitaria de Vigo, acusando á Xunta de asegurar un "retiro dourado" á extitular do departamento autonómico Rocío Mosquera.

Mosquera e Feijóo
Nun comunicado, denuncian que esta empresa xestiona a unidade de oncoloxía e radioterapia, a de medicina nuclear ou a de radiofármacos de Galicia e "dificulta" unha integración real de todos os servizos na área de Vigo relacionados co tratamento oncolóxico.
Doutra banda, referíronse á proposta en mesa sectorial de impulsar un decreto de integración de resonancia magnética na EOXI de Vigo, unha "anomalía" que se busca agora "corrixir parcialmente", e a CIG esixiu a súa "integración total" e do seu persoal na xerencia de Vigo, ademais das unidades móbiles ás súas correspondentes áreas sanitarias.
Escribe o teu comentario