Denuncian "pseudo caciquismo" nas contratacións de radioloxía en Santiago

|

Rodillaradiografiarayos


A CIG-Saúde denunciou "falta de imparcialidade" e "trato de favor" nas contratacións para o servizo de radioloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.


Nun comunicado remitido aos medios, o sindicato denunciou que neste servizo se practica un "rancio pseudo caciquismo" ao "ter de man" a determinados técnicos especialistas en radioloxía (TER) aos que ofertarlle contratos, "en detrimento de outros aos que lexitimamente lles correspondería pola orde de prelación nas listas".


Esta "falta de imparcialidade" para a CIG-Saúde débese "en gran medida" ao feito de que unha mesma persoa ostente os cargos de director de recursos humanos e de presidente da Comisión periférica de contratacións, cuxas funcións "se contrapoñen frontalmente".


"Non existe unha actuación transparente na xestión ao non respectar o principio de imparcialidade e non asegurar un trato igual e sen discriminación de ningún tipo no exercicio das súas funcións", lamentou o sindicato.

relacionada Os celadores do Cunqueiro fan "o dobre de quilómetros" por non ter servizo de raios en Urxencias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress