Os celadores do Cunqueiro fan "o dobre de quilómetros" por non ter servizo de raios en Urxencias

O Sergas anunciou unha "pequena obra", que CCOO espera que solucione a carencia, "aínda que con sobrecustos innecesarios" por non contar "cos traballadores".


|

Hospitalalvarocunqueiro 4


O sindicato CC.OO. adiantou que se a Xerencia "por fin decide dotar o servizo de urxencias cun servizo de raios" --o luns o Sergas adiantou que realizará "unha pequena obra de reordenación espacial para achegar maior operatividade" ao servizo de urxencias, aínda que non concretou en que consistirá--, celebrarao aínda que chegue "con máis dun ano de atraso".


Tal e como remarcou, un estudo dos celadores sostén que desde a apertura do novo hospital, co servizo de raios X fóra de urxencias, os profesionais teñen que facer "o dobre de quilómetros" que antes nos hospitais Xeral e Meixoeiro, concretamente 132,95 quilómetros respecto de 68,2 quilómetros.


"Con máis dun ano de atraso, decátanse da realidade e farán obras, que supoñerán incomodidades e gastarán diñeiro", sinalou, engadindo que "ambas as cousas se poderían evitar, coma tantas outras, se contasen cos traballadores".


"CC.OO. congratúlase se ao final arranxan o problema, aínda que con sobrecustos innecesarios e evitables", selou.

relacionada Persoal do Chuvi concéntrase parar reclamar "medidas sostidas, non puntuais"
relacionada Os traballadores de urxencias do Chuvi "levan demasiados días soportando unha situación insostible"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE