Sindicato busca convocar folga en Atención Primaria do SERGAS en maio


Desconvocar a folga en Atención Primaria foi un "erro", admite un dos principais sindicatos do SERGAS 


|

Desconvocar a folga en Atención Primaria foi un "erro", admite un dos principais sindicatos do SERGAS


A CIG, un dos sindicatos con máis representación no SERGAS, advirte que a Xunta xa fixo "saltar polo aire" o acordo deste luns, que serviu para desconvocar a folga en Atención Primaria prevista para tres días desta semana.



Maria Xose Abuin 2013.grande

María Xosé Abuín


Este pacto xa fora duramente criticado por outros colectivos, como PACs en pé de guerraas médicas precarias ou os xefes de servizo dimisionarios de Vigo. 


A CIG RECTIFICA

acordo coa Xunta foi asinado pola propia CIG, UXT,CSIF, CESM, Comisións Obreiras e O'Mega. Agora a CIG pono en cuestión porque "transcorridas menos de 24 horas fixñerono saltar todo polo aire". 


"Lamentamos o erro cometido ao confiar en que a consellería de Sanidade e  Feijóo ían cumprir o que a director de Recursos Humanos, que adoita respectar os compromisos que adquire e que dependen dela, estaba a transmitirnos".


Son palabras da líder de CIG Saúde, quen asegura que o presidente de la Xunta, o propio conselleiro e o xerente do SERGAS xa retiraron publicamente o apoio ao pacto. María Xosé Abuín argumenta que o Goberno xa confirmou que non pretende aumentar o cadro de persoal nin o orzamento. Un día despois da firma, Feijóo dixo que non hai máis diñeiro para Atención Primaria e culpou a Madrid da falta de médicos 


CIG Saúde adianta que pedirá unha reunión coas outros colectivos convocantes para "retomar a folga no mes de maio" se na próxima reunión da mesa sectorial -prevista para o día 26- non se concretan as promesas do acordo.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE