Risco dunha folga de ambulancias

Os problemas derivados dos concursos adxudicados a ofertas moi baixas acumúlanse. Agora os contratistas apertan á Xunta e queren renegociar o convenio, o que á súa vez empeoría as situación de máis de 1.800 traballadores. A CIG, o principal sindicato do sector, non está polo labor de acceder á presión da patronal. A principal empresa, Ambuibérica, pide un recorte de salarios do 25%.


|


Os problemas derivados dos concursos adxudicados a ofertas moi baixas acumúlanse. Agora os contratistas apertan á Xunta e queren renegociar o convenio, o que á súa vez empeoría as situación de máis de 1.800 traballadores. A CIG, o principal sindicato do sector, non está polo labor de acceder á presión da patronal. A principal empresa, Ambuibérica, pide un recorte de salarios do 25%.



AmbulanciasCIG


A CIG advertiu de que propoñerá a convocatoria de folga no transporte sanitario, tanto no 061 como no non urxente, se a Xunta non intervén no conflito aberto pola parte social para reclamar a negociación do convenio colectivo e "rexeitar as pretensións das patronais de aplicar descolgues".


Así, o sindicato nacionalista ha reclamado á Consellería de Sanidade que faga pública a información das renuncias das empresas ao concurso do 061 e que medie para desbloquear as conversacións, xa que en Galicia hai ao redor de 1.800 traballadores afectados e as empresas "ademais de obstaculizar as negociacións, solicitaron a inaplicación do convenio vixente".


No marco destas reivindicacións, delegados sindicais e traballadores do sector concentráronse este mércores en Vigo, tras as protestas celebradas en días previos en Santiago e A Coruña, co fin de mostrar o seu "rexeitamento ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, que leva dous anos caducado".


O sindicato remarcou que "ata agora os usuarios non se viron afectados grazas á profesionalidade dos traballadores", pero avisou de que a medio prazo "si poderían rexistrarse problemas, porque isto non hai quen o aguante". "Están a realizarse excesos de xornada de forma continua, falta persoal e medios materiais", concluíu.


Segundo explica Xesús Pastoriza, responsable do sector de transportes da CIG, con estas protestas quérese mostrar o rexeitamento ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, que leva dous anos caducado. Pastoriza puxo o acento na situación complexa do transporte sanitario, xa que no último concurso público moitas empresas presentaron ofertas á baixa (houbo casos de compañías que chegaron a rebaixar ata un 12% o prezo) e cando “nos sentamos a negociar o convenio, escusáronse en que os concursos non lles daban para cubrir os gastos e paralizaron a negociación”.


En Galicia hai ao redor de 1800 traballadores/as afectados/as “que viven nunha situación de intranquilidade e incerteza absoluta”, engade Pastoriza, porque ademais de obstaculizar as negociacións, “as empresas solicitaron a inaplicación do convenio vixente. Nalgúns casos, como o de Ambuibérica, coa brutalidade de pedir un 25% de recorte salarial, e se non se acepta este recorte dos salarios, a patronal ameaza con despedimentos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE