CIG-Saúde firma un acordo que asegura que mellorará as condicións de todo o persoal do Sergas
A partir deste acordo a xornada de todo o persoal de sanidade pública reducirase a 35 horas semanais
O sidicato CIG-Saúde negociou nunha mesa sectorial este pasado xoves, 20 de abril, coa presenza do conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, coa posibilidade dunha convocatoria de folga sobre a mesa. O sindicato afirma que conseguiu asinar un acordo "despois de 11 horas e de presionar até o último momento", que suporá, afirman, melloras retributivas en todas as categorías e melloras nas condicións de traballo.
Esta mellora retributiva, segundo indica a CIG, incumbe a todas as categorías de atención continuada, nocturnidade, festividade e gardas. Afirman que unha parte se aplicará a partir do 1 de xullo deste ano e a totalidade da mellora aplicarase a partir do 1 de xaneiro do 2024. No relativo aos descansos e a organización das gardas, o acordo inclúe unha actualización da normativa das gardas localizadas e os descansos en xuño de 2023. Haberá ademais, engaden, pago dun festivo os días 24 e 31 de decembro. Ademais, este acordo contempla a turnicidad en atención primaria para quendas de tarde e deslizantes para o 1 de xaneiro de 2024 e a mellora retributiva da turnicidad nun 7,9% para xaneiro de 2024.
En canto á xornada laboral, a CIG celebraba conseguir unha joranad equivalente a 35 horas. Segundo denuncia o secretario xeral de CIG-Saúde, Manuel Moreira, desde a consellería "negábanse a falar" sobre a redución progresiva da xornada anual en 112 horas.
A MESA SECTORIAL
Manuel Moreira explicou que a mesa sectorial estaba convocada previamente á negociación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos coa Consellería de Sanidade para desconvocar a folga. Con todo, explica, o seu acordo "precipita unha reacción por parte das organizacións sindicais da mesa electoral e por parte da CIG". "Entendemos que é un acordo só para unha parte dos profesionais que, ademais, inclúe elementos cos que non estamos de acordo como coa supresión do complemento de dedicación exclusiva", explica Moreira.
"Isto obrigou a converter unha mesa sectorial que estaba convocada para tratar uns temas que xa levaban meses negociar nunha reunión, en realidade, para desconvocar unha mobilización que implicitamente convocara o conselleiro de Sanidade ao asinar o acordo co CESM", continúa.
Afirma que a estratexia era negociar melloras retributivas que estaban xa contempladas no acordo retributivo 2008-2012 e que esas melloras retributivas foron asociadas a melloras na xornada, porque unha das demandas das traballadoras e traballadores era estes non quería cobrar máis por traballar máis, senón "traballar menos para traballar con máis calidade".
O grupo sindical ha concluído indicadno que para eles o máis relevante deste acordo é que afecta "o conxunto de traballadores da sanidade pública, como non podía ser doutra maneira, e afecto a todos os profesionais que fagan calquera tipo de xornada", xa que, indican, no Sergas hai dous tipos de xornada, desde xornadas de mañá ou de tardes fixas, a quendas rotatorias de mañá e tarde, complexos de mañá, tarde e noite, ou xornadas especiais, como a PAC ou os servizos de urxencias.
Escribe o teu comentario