Un dos motivos é o aumento dos prezos das peaxes
Rajoy inaugurou a ampliación da ponte en decembro de 2017, pero polo menos ata o verán de 2018 seguiron os atascos porque, en realidade, as obras non estaban acabadas.
Súbaa das peaxes para pagar obras están a converter á AP-9 nunha das autoestradas máis caras de España. De feito, se o Goberno non o remedia -e parece difícil que un Executivo en funcións poida facelo- a Autoestrada do Atlántico será a que máis suba en 2020 en España.
Cibercriminai clonaron polo menos dous emails, inlcuído o do director financeiro, de Audasa en 2018. Usándoos, tentaron estafar á concesionaria da autoestrada AP-9 polo menos 1,54 millóns de euros.
"Unha máquina de facer diñeiro". Así define a Plataforma Empresarsial de Afectados AP9 a autoestrada do Atlántico. Levan varias presentacións por toda Galicia para animar aos condutores para sumarse á demanda colectiva contra a concesionaria da Autoestrada do Atlántico; do mesmo xeito que fixo a Fiscalía, pero o ministerio público non representará nin autónomos nin a empresas.
Na súa comparecencia no Parlamento, Fernando Suanzes explica que o ano pasado houbo 156 causasa sobre corrupción e reitera a necesidade de crear unha Fiscalía anticorrupción en Galicia
O Ministerio de Fomento realizará un estudo propio para responder as alegacións da Xunta de Galicia e de Audasa respecto ao proxecto de entroncamento da AP-9 coa Vía Ártabra
Todos os grupos do Parlamento de Galicia queren que a Autoestrada do Atlántico sexa competencia da Xunta, o que abriría a porta a unha eventual redución de peaxes. Con todo, os conservadores levan anos vetándoo nas Cortes, ata agora co apoio de Cidadáns. Onte os laranxas cambiaron de bando.
A Fiscalía Provincial de Pontevedra abriu dilixencias preprocesales para investigar o "deficiente funcionamento sostido" rexistrado "nos últimos meses" no tramo da AP-9 na Ponte de Rande, derivado das obras de ampliación de capacidade.
Da reunión entre Audasa, concesionaria da AP9, e o Ministerio de Fomento sae un compromiso, aínda que moi limitado, de compensar aos condutores que a diario ven atrapados nunhas obras que, en teoría, foron aprobadas este Nadal. Ademais, o Estado anuncia medidas especiais ao fío da ponte do Día dás Letras Galegas.
A cerimonia na que o presidente do Goberno inaugurou a ponte de Rande este Nadal veu seguida de meses de colapsos, pois as obras non estaban acabadas e de feito Fomento di agora que quedan polos menos dúas semanas máis. Iso se, Audasa, a concesonaria, puido subir as peaxes. A oposición pide explicacións a un ministro que non se digna a recibir aos alcaldes dunha das zonas afectadas.