O fiscal denunciará á Autoestrada AP-9 polos atascos

Na súa comparecencia no Parlamento, Fernando Suanzes explica que o ano pasado houbo 156 causasa sobre corrupción e reitera a necesidade de crear unha Fiscalía anticorrupción en Galicia


|

Na súa comparecencia no Parlamento, Fernando Suanzes  explica que o ano pasado houbo 156 causasa sobre corrupción e reitera a necesidade de crear unha Fiscalía anticorrupción en Galicia


O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, confirmou que a Fiscalía Provincial de Pontevedra está a ultimar unha demanda colectiva de cesación polo deficiente funcionamento da Autoestrada AP-9 na zona de Rande.



Atasco na AP-9

Atasco en Rande


Do mesmo xeito que se actuou noutras cuestións como as vinculadas coa defensa de consumidores e usuarios con demandas colectivas fronte a empresas subministradoras de bens e servizos --operadoras de telefonía móbil ou de subministración de enerxía--, por "prácticas abusivas na facturación", tamén se procederá no caso da autoestrada.


Así o transmitiu Fernando Suanzes no transcurso da súa comparecencia na Comisión 1ª do Parlamento para presentar a Memoria do Ministerio Público, na que confirmou que o proceso está en dilixencias de investigación non penal.


"Está en dilixencias de investigación non penal, o obxectivo que queremos é formular unha demanda colectiva ante Xulgado Mercantil que corresponda, e estamos contentos niso porque a Fiscalía Provincial da Coruña gañou preitos importantes contra Vodafone ou empresas de gas ou luz", explicou respecto diso.


DEMORAS XUDICIAIS

Na súa comparecencia, Suanzes incidiu na necesidade de continuar avanzando nas medidas necesarias para obter a eficacia temporal dos procedementos. 


Despois do "éxito parcial" da reforma penal do ano 2015, sinalou que os datos "evidencian que nalgúns aspectos mellóranse os parámetros de efectividade, pero estas cifras non ocultan problemas estruturais que persisten no modelo de xustiza".


No ano 2017 tramitáronse 136.751 asuntos, un 13,8% menos que en 2016, pero advertiu que "algúns indicadores, como as taxas de resolución e de conxestión, seguen mostrando ineficacia no que se refire á duración temporal das causas".


"Os cidadáns teñen dereito a un proceso xudicial que se resolva nun tempo razoable. A dimensión temporal das causas, sen dilacións indebidas, forma parte consustancial dun proceso xusto", remarcou.


Neste contexto, defendeu a urxencia dunha "verdadeira transformación, integral e non conxuntural, da estrutura organizativa e funcional dos órganos xudiciais", cunha nova lei de axuizamento criminal e un pacto pola xustiza que contemple a dotación de medios humanos e materiais adecuados, que proporcione aos fiscais un maior protagonismo na instrución das causas.


"OPTIMISTA" ANTE A CREACIÓN DUNHA FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN

Precisamente, Fernando Suanzes fixo fincapé na demanda de que Galicia conte cunha Fiscalía Anticorrupción, para poder axilizar algúns dos procedementos "sumamente complexos" que se rexistran, ante un fenómeno de "delincuencia complexa" que supón un "reto para as forzas de seguridade, para as autoridades e administracións de xustiza".


Aínda que o pasado ano incoáronse 156 procedementos, cun descenso do 18% , Suanzes lembrou que a corrupción segue sendo unha das maiores preocupacións cidadás. Ante o "sentimento de frustración" ou "inquietude na opinión pública" que se pode xerar, resaltou que "non hai outro camiño para logralo que dispoñer de medios que garantan unha persecución eficaz da criminalidade organizada".


Quixo deixar claro, iso si, que "non existe impunidade" e que o Estado de dereito teñen mecanismos necesarios para gañar "a auténtica carreira de fondo contra a corrupción", remarcando que "os temas de delincuencia económica están debidamente perseguidos". A pesar disto, mostrouse "optimista" ante a creación da Fiscalía Anticorrupción ante unha Fiscalía Xeral "propicia"

.

INCREMENTO DE DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL

No seu repaso pola evolución dos delitos en Galicia, o fiscal superior ha apuntado a un incremento do 12% nos ilícitos contra a liberdade sexual, cun total de 1.044 casos incoados nos xulgados galegos, entre eles, 16 violacións.


En canto ao área específica de violencia de xénero, en 2017 realizáronse 2.371 cualificacións fiscais, un 20% máis que en 2016, aumentando todos os parámetros neste ámbito e tamén no relativo aos casos de violencia machista entre menores, con 20 casos en 2017.


Fernando Suanzes tamén alertou do "incremento inquietante" dos casos de agresións de fillos sobre proxenitores, nun 20%. "Un fenómeno que nos preocupa e que debemos abordar entre todos, coa perspectiva de que a vía penal debería ser o último camiño", subliñou.


No que respecta á seguridade viaria, puxo de relevo a creación dun programa específico por parte da Fiscalía especializada en seguridade viaria, coa participación da Garda Civil de Tráfico, para seguimento de "os condutores máis perigosos, os chamados multirreincidentes".


LOITA MULTIDISCIPLINAR CONTRA OS INCENDIOS

No ámbito dos delitos ambientais, insistiu en que se trata de "un fenómeno complexo" no que "non se pode negar intencionalidade por distintos motivos" e admitiu a dificultade de localizar as probas ao queimarse nos incendios e a discernir entre intención ou neglixencia.


"A loita contra incendios esixe un tratamento multidisciplinar", asegurou, avogando por impulsar a rendibilidade e sustentabilidade do medio ambiente, posto que "o efecto disuasorio das penas" non é suficiente do mesmo xeito que "non o é coas drogas".


DELINCUENCIA INFORMÁTICA

Na súa comparecencia, tamén alertou do aumento dos delitos informáticos, cunha subida de o7,2%, ata os 527 asuntos, cun aumento do 47% nas coaccións a través das TIC, alcanzando os 59 casos. Con todo, puxo o acento no feito de que só se denuncia "o 10% dos casos cometidos".

"Debe preocuparnos e esixe adecuada resposta dos poderes públicos" ante os delitos das novas tecnoloxías, paralelamente a "unha necesaria" e constante actualización.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE