Exposición en Nova York sobre a ponte de Rande, cuxas obras de ampliación reciben un premio

Un total de 25 instantáneas da ponte de Rande expoñeranse en Nova York, na Nacional, Spanish Benevolent Society of NYC, desde este mércores ata o 14 de setembro para conmemorar o recoñecemento da ampliación desta infraestrutura como a segunda mellor obra do mundo deste ano.

|

As fotografías mostradas na metrópoles americana tamén se poderán ver en varias cidades galegas


Un total de 25 instantáneas da ponte de Rande expoñeranse en Nova York, na Nacional, Spanish Benevolent Society of NYC, desde este mércores ata o 14 de setembro para conmemorar o recoñecemento da ampliación desta infraestrutura como a segunda mellor obra do mundo deste ano.


Vista xeral e aérea da Ría de Vigo co  Puente de Rande atravesándoa


A EXPOSICIÓN VISITARÁ OUTRAS CIDADES GALEGAS

Esta exhibición realízase despois de que Audasa decidise centrar o premio de fotografía Autoestrada do Atlántico na ponte de Rande, segundo recolleu o Ministerio de Fomento nun comunicado. Posteriormente, a exposición percorrerá varias cidades galegas.

En concreto, esta actuación recibiu o segundo premio á mellor estrutura, Outstanding Structure Award (OSTRA), no marco do congreso da Asociación Internacional de Pontes e Enxeñería Estrutural (IABSE), celebrado en Nova York. Estes galardóns recoñecen as estruturas máis destacadas levadas a cabo en distintos lugares do mundo pola súa innovación ou a súa creatividade.

O recoñecemento entregado á obra de ampliación da ponte súmase ao galardón de Obra Pública e Sustentabilidade Acueduto de Segovia 2018 obtido polo protocolo ambiental establecido para protexer a ría de Vigo durante as obras. Ademais, a actuación recibiu o premio ITS 2019 pola coordinación técnica que permitiu acometer os traballos sen interromper o tráfico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE