O PACMA vai camiño de entrar no Congreso, con ata dous deputados segundo o CIS, e á fronte dos animalistas está unha galega. Galiciapress entrevista a Laura Duarte (Vigo, 1986), única muller candidata a presidir o Goberno de España. Número de 1 por Madrid, a xornalista explica cal sería a estratexia do seu partido á hora de conformar Goberno, descartando negociar con Vox. As problemáticas ambientais en Galicia -advirte que non estamos preparados para outro Prestige -, o seu modelo de Estado e a reforma da lei electoral son outros dos temas desta conversación.
Xa non é só o cuestionado CIS quen prevé o fin da histórica maioría conservadora. A enquisa de Sondaxe tamén estima que En Marea e Vox quedarán sen representación, En Común obterá dúas e Cs un.
Os partidos centran o debate na AP-9 e as infraestruturas nos primeiros días de campaña no país.
O líder do os populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, cancelou na mañá deste sábado un paseo de repartición electoral pola praza de Abastos de Santiago de Compostela, lugar no que os traballadores do servizo de transporte de SOGAMA realizaron unha protesta.
NN.GG. publicou unha campaña contra Pedro Sánchez, ao fío da cal varios miliantes do PP difundiron unha montaxe -co mesmo estilo que a campaña de NN.GG- con foto das fillas menores do presidente en bikini, coa cara pixelada.
O resultado da última enquisa electoral do CIS antes das eleccións xerais depara sorpresas para Galicia. Así, non só o PP ve ameazado o seu tradicional liderado, tamén entraría Vox, cun escano pola Coruña.
Nesta entrevista en Galiciapress, Antón Gómez Reino advirte que Sánchez pactará con Rivera se lle dan opción. Para garantir avances como a derrogación das reformas laborais, reclama o apoio para En Común-Unidas Podemos. O líder de Podemos Galicia abre a porta a integrarse dentro dun goberno de esquerdas (di que Yolanda Díaz de EU sería unha magnífica ministra) e carga contra un PP que “parece que simplemente nos da unha foto de narcos e proxenetas”. A detención de Miramontes, ENCE, Alcoa, Ferroatlántica e o divorcio de En Marea son outros temas desta conversa na redacción de Galiciapress, a cuarta da serie de entrevistas con candidatos que polo #28A está a publicar este xornal.
Deputados de En Marea na pasada legislaturaLa nova aritmética parlamentaria xurdida da moción de censura presentábase aos/as parlamentarios/as galegos/as como unha oportunidade única na presente democracia de influír decisivamente no goberno español para que se reverteron as políticas centralistas de sempre e para, por caso, negociar “unha axenda galega”.
Nesta entrevista con Galiciapress, a cabeza de lista de Cidadáns por Pontevedra argumenta que a cooficialidade non debe ser óbice para contratar a profesores que non falen galego. A xornalista viguesa, que leva case tres anos como xefa de prensa dos laranxas en Galicia, critica a PP e PSOE por poñer en dúbida a galeguidade do laranxas pero deixa claro que "cremos máis nas transparencia que na transferencia, o diñeiro de Madrid é o diñeiro de todos os españois". Ao ser preguntada sobre Vox, asegura que o seu partido nunca falou de formar unha coalición con eles. ENCE, a AP-9 e a polémica das armas son outros dos temas desta conversación.
Néstor Rego (1962) é cabeza de lista do Bloque ao Congreso pola Coruña. É, ademais, un dos pesos pesados do nacionalismo, ex-tenente de alcalde de Santiago e actual líder da UPG. Atende a Galiciapress para detallar o que perdeu Galicia nestes anos de ausencia do BNG nas Cortes e a recuperación da marca do nacionalismo galego. A polémica do Pazo de Meirás (el é un dos investigados pola Xustiza) ou o estatuto electrointensivo para Alcoa son outros puntos desta conversación, a primeira da serie de entrevistas que este medio publicará nas próximas semanas con candidatos ao #28A.
Cidadáns e Vox logran por vez primeira presentar listas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias galegas, o que pode contribuír a unha relevante fragmentación do voto da dereita. Algo que tamén pode suceder na esquerda rupturista, pois tanto En Marea como En Común tamén competirán nas catro circunscricións e nas dúas cámaras.
Unha tía vasca de Santiago Abascal por Ourense e un empresario madrileño por Lugo, tamén apellidado Abascal. Estes son dous dos cabeza de listas que pode presentar Vox ao Congreso dos Deputados en Galicia.
O que retrocede En Marea, queda con el o PSOE. O que cae o PPdeG, vai parar a Ciudadanosns. Eeste pode ser o resumo da previsión de resultados para as eleccións do 28A en Galicia, segundo unha enquisa de Sondaxe.