Denuncian a mozos do PP por publicar unha foto en bikini das fillas menores de Sánchez

NN.GG. publicou unha campaña contra Pedro Sánchez, ao fío da cal varios miliantes do PP difundiron unha montaxe -co mesmo estilo que a campaña de NN.GG- con foto das fillas menores do presidente en bikini, coa cara pixelada.


|

Novas Xeracións, a organización xuvenil do PP liderada polo galego Diego Gago, é unha das protagonistas da primeira xornada electoral. NN.GG. publicou unha campaña contra Pedro Sánchez, ao fío da cal varios miliantes do PP difundiron unha montaxe -co mesmo estilo que a campaña de NN.GG- con foto das fillas menores do presidente en bikini, coa cara pixelada.


Os socialistas xa anunciaron que levarán a campaña "Falcón Viajes" ante a Xunta Electoral Central e a Fiscalía.  Ademais, destacan que a foto que utilizaron as mocidades do PP é de 2016, cando Sánchez aínda non era presidente.  A lei impide publicar imaxes de menores sen o consentimento dos seus proxenitores.


Desde o PSOE remitirán á Fiscalía o cartel coa fotografía da familia nunha praia de Eivissa, que non figura no perfil de NN.GG., pero si difundiron algúns dos seus militantes en Twitter, por se a publicación viola o dereito á intimidade das dúas menores. Algúns xornalistas tamén han redifundido o cartel nas súas redes sociais:




Diego Gago Bugarín respondeu inmediatamente e non para desculparse, precisamente. Tirando de retranca, o vigués di que están "moi preocupados" porque o  PSOE os denuncie por "lembrarlle aos españois o malgasto que pagaron do seu peto para que Sánchez viaxase a concertos e vacacións con fondos públicos".




Novas Xeracións do PP fixo público esta mañá un comunicado no que denuncia o "abuso" que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fixo do uso do avión e o helicóptero oficial para asuntos particulares. 


Para incidir nesa denuncia, as xuventudes populares alugaron un local na rúa Ferraz de Madrid, próxima á sede federal socialista, onde han inaugurado unha suposta axencia de viaxes chamada 'Falcon Viaxjs', que tamén conta con páxina web ad hoc


RESPOSTA DESDE O GOBERNO

A portavoz do Goberno, Isabel Celaá, expresou este venres a súa queixa ante a súa percepción de que o presidente, Pedro Sánchez, recibe máis críticas polo uso que fai da frota de aeronaves do Estado para o traslado de autoridades das que se dirixiron contra anteriores presidentes.


Sen querer entrar a valorar o contido concreto da campaña despregada este venres polo PP contra o uso, ao seu xuízo, inadecuado, que fai Sánchez do avión Falcon para actividades privadas, Celaá convidou a facer a seguinte reflexión. "Por que en relación con este presidente fálase tanto deste tema e en relación con outros presidentes, non?. Por que, para que?", limitouse a sinalar.


Moncloa lembra que os servizos de seguridade recomendan que o presidente se traslade, sempre que sexa posible, preferiblemente por medios aéreos. E o xefe do Executivo, engaden, é presidente as 24 horas ao día, desprácese para un acto oficial ou doutra índole.



Fillas pedero sanchez negro

Fotomontaxe da polémica foto emitido por Catro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE