Fontes de Novas Xeracións acusan ao líder dos mozos do PSdeG, Xurxo Doval, de insultalos durante anos en redes sociais. Fano despois de que os socialistas relacionasen ao PP cos durísimos ataques contra a condición sexual de Doval, lanzados tras a celebración da continuidade de Pedro Sánchez. Ataques que os conservadores, en declaracións a Galiciapress, rexeitan porque, din, eles sempre apostan pola concordia.
Superado o trámite do Consello de Ministros, a nova Lei da Vivenda entra nunha nova fase á espera de chegar ao Congreso dos Deputados a final de ano. Mentres, os estudos revelan que os mozos teñen que destinar case o 92% do seu salario só ao alugueiro.
NN.GG. publicou unha campaña contra Pedro Sánchez, ao fío da cal varios miliantes do PP difundiron unha montaxe -co mesmo estilo que a campaña de NN.GG- con foto das fillas menores do presidente en bikini, coa cara pixelada.
Novas Xeracións proclaman presidente a Adrián Pardo co 86 por cento dos votos e aspiran a ser un proxecto "atractivo" para os mozos galegos.
"Que non vos confundan co pensamento único de que sodes raros por ser novos e ser do PP", pídelles Tellado.