Polo menos dous dos catro cabezas de cartel posibles de Vox non teñen relación directa con Galicia

Unha tía vasca de Santiago Abascal por Ourense e un empresario madrileño por Lugo, tamén apellidado Abascal. Estes son dous dos cabeza de listas que pode presentar Vox ao Congreso dos Deputados en Galicia.


|

Unha tía vasca de Santiago Abascal por Ourense e un empresario madrileño por Lugo, tamén apelidado Abascal. Estes son dous dos cabeza de listas que pode presentar Vox ao Congreso dos Deputados en Galicia.



Juan maria abascal castau00f1ou00f3n

José María Abascal nunha imaxe da súa Linkedin


José María Abascal Castañón será o número 1 por Lugo, segundo informa  La Voz. O seu apelido coincide co do líder estatal, pero o partido por agora nin confirma nin desmente que sexa familiar de Santiago Abascal.


Si que é familiar Begoña Conde Álvarez, cabeza de lista por Ourense segundo a prensa local, tía de Santiago Abascal. Na traxectoria de Begoña Conde e na de José María Abascal non aparece datos relevantes que permitan relacionalos coas provincias polas que se presentan.


Así, Juan María Abascal Castañón preséntase en Linkedin como un executivo do Banco Santander, radicado en Madrid e licenciado pola Universidade de Navarra. Hai unha década, traballou como "analista de investimentos" para a sociedade Uninvest SGECR, SA, con oficinas en Madrid e Santiago de Compostela. O seu nome figura no Rexistro Mercantil asociado, ademais da o Banco Santander, a unha sociedade de investimento, Finnegan SL, creada en Madrid en 2015 e que comparte domicilio social no Barrio de Salamanca de Madrid conHermanosAbascal Castañón SL,  inmobiliaria.


A arabesa Begoña Conde Álvarez ten unha traxectoria pública máis coñecida, pero tamén carece de vinculación significativa con Galicia. Fai tres anos presentouse como número 5 da candidatura do PP por Amurrio. 


A súa vinculación cos conservadores é patente tamén na súa condición de coordinadora de varios cursos da Fundación FAES. A socióloga foi a responsable de polo menos catro seminarios impartidos pola Fundación de José María Aznar en 2003, todos eles do ciclo "A Lexitimación do Estado de Dereito no País Vasco". En 2012, presentou un libro no Parlamento Vasco sobre a política exterior dos gobernos do PNV en Euskadi.


VOX NON TIÑA PRESENZA NESAS PROVINCIAS ATA HAI UNS MESES

A Xunta Electoral Central aínda non proclamou as candidaturas, polo que os nomes filtrados á prensa poderían cambiar a última hora. Curiosamente, as redes sociais de Vox en Lugo e Ourense non fixeron mención aínda ás súas cabeza de listas.  


Ata hai uns meses, en Galicia este partido só tiña presenza estable na cidade da Coruña.  Pola Coruña rumoréase que se presentará o avogado Miguel Ángel Fernandez. Por Pontevedra será un militar, o xeneral Antonio Budiño.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE