A esquerda galega resiste e mantén opcións de desbancar a Alberto Nuñez Feijóo do goberno da Xunta en 2020. Esta é unha das conclusións que se pode sacar da noite electoral do #10N en Galicia. Agora ben, tamén se puiden dicir que o presidente do PPdeG sae reforzado das eleccións xerais.
O PSOE tamén tería a absoluta se logra sumar a Podemos, Máis País, En Comú, PNV e rexionalistas de Teruel, Canarias e Cantabria
Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Pontevedra, co 99% escrutado, deixan ver como o voto segue fluctuando entre os socialistas e os populares e a caída de Cidadáns, que neste escenario perdería a acta de Beatriz Piñeiro.
Estes son os resultados dunha enquisa de GAD3 para as emisoras públicas.Non se trata dunha enquisa a pé de urna, senón dunha sondaxe realizada entre o 25 de outubro e o 10 de novembro para RTVE e a FORTA, as emisoras públicas.
Galicia volveu ter un rol secundario nun debate entre candidatos á Presidencia do Goberno de España. Con todo, os temas galegos coáronse máis na discusión que en anteriores ocasións. Fíxoo principalmente ao fío do modelo de Estado e da polémica catalá, pero tamén debido a Nadia Calviño e Amancio Ortega.
Galiciapress entrevista a Miguel Ángel Fernández (1973), candidato por Vox na Coruña e presidente da xestora do partido na comunidade. O avogado especializado en familia repite como cabeza de lista na provincia despois de que Vox non lograse sacar representación en Galicia nas pasadas eleccións do 28 de abril. A forza liderada por Santiago Abascal espera reverter a situación nunha comunidade autónoma que se lle resiste e amarrar votos grazas á inestabilidade política, o conflito catalán e a perda de votos de Cidadáns, tal e como reflicte este cuestionario que supón a quinta das entrevistas electorais en Galiciapress, despois das dos candidatos de BNG, Cs, En Común UP e PP.
Non se o que farán Vds. pero o menda, desde que sabe que pode volver votar, leva facendo campaña para que a familia e os amigos non voten a estes inútiles da política.
A segunda xornada de campaña en Galicia tivo como protagonista principal a Pablo Casado, secretario xeral do Partido Popular, que fixo campaña en Galicia xunto a Alberto Núñez Feijóo e prognosticou que Galicia seguirá sendo territorio exclusivo do PP no que se refire a escanos para a dereita.
O Partido Popular ha reclamado que se cumpran os prazos para a chegada da Alta Velocidade a Galicia, mentres que o BNG criticou as infraestruturas ferroviarias do país. Pola súa banda, desde o PSdeG e Máis País apelaron á cidadanía para non quedarse na casa o próximo día 10 e votar de forma masiva.