VOX chama "aldeán" a Néstor Rego, cadidato do BNG pola Coruña, que responde: "Terán a moitos aldeáns galegos enfronte"

Néstor Rego responde que está "moi orgulloso" de ser "aldeán" e carga contra "os señoritos fascistas que miran este país con ollos de Madrid"

|

O punto e final da campaña en Galicia trouxo consigo un agre enfrontamento entre a formación liderada por Santiago Abascal e os nacionalistas galegos despois da polémica “enquisa” publicada na conta de Faceebook da forza de dereita en Cee e A Costa da Morte, onde daban a elixir entre “o aldeán” –referíndose a Néstor Rego, número uno do BNG pola Coruña– e "un español de ben e ata guapo, todo hai que dicilo" –en alusión a Miguel Ángel Fernández, número uno de VOX pola Coruña–.


Rego

Néstor Rego, nunha entrevista para Galiciapress


ORGULLO ALDEÁN

Ante esas palabras, a resposta de Rego non se fixo esperar e en primeiro lugar dixo que si naceu nunha aldea e que sente “moi orgulloso de ser aldeán”.


Na mesma liña, lanzou un desafío aos “señoritos fascistas que miran este país cos ollos de Madrid” e que “non entenden que isto para nós é un orgullo”. “Terán a moitos aldeáns galegos enfronte, plantándolles cara. A min o primeiro", ha replicado o dirixente nacionalista.


Alumnos med



ENQUISAS

Segundo as enquisas publicadas antes da campaña electoral, o BNG ten serias opcións de regresar ao Congreso dos Deputados, precisamente da man de Rego, ao que as sondaxes dan un gran respaldo na Coruña. 


Máis complicado en cambio teno VOX, que seguiría lonxe de obter escanos en Galicia, unha comunidade onde os votos da dereita seguen estando centralizados polo Partido Popular. Ademais, esta non é a primeira polémica de VOX en Galicia esta campña. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE