O presidente galego sorprende outra vez na política estatal realizando unha oferta de integración aos debilitados laranxas, reafirmando a súa aposta por ancorar ao PP no centro. Preguntado sobre as súas diferenzas con Casado ao fío da investidura de Pedro Sánchez, Feijóo responde que o mesmo que razoa nos medios xa llo transmitiu antes ao líder estatal.
"Se o PSOE quere construír, hai posibilidades dun acordo dentro da Constitución" argumenta o líder conservador galego, que segue sen descartar unha abstención para facer presidente a Pedro Sánchez se rompe con Podemos
O Bloque admite que está a negociar a investidura de Sánchez co PSOE. Os nacionalistas rexeitaron hoxe condicionar o diálogo á condena por corrupción en Andalucía, do mesmo xeito que rexeitaron onte condicionalo ás propostas que expuña a CUP.
Agora Pedro Sánchez “xa pode durmir tranquilo” tendo de socio a UP? E Pablo Iglesias, “xa se fía de Pedro Sánchez”?
Un pacto do PSOE co PP desarmaría ao PSdeG, que lle pisa os talóns a Feijóo e ten opcións reais de arrebatarlle a Xunta, sobre todo se se demostra que Podemos e os socialistas gobernan ben xuntos. No núcleo duro de Xénova empezan a estar cansos da insistencia do líder galego. Hoxe caéronlle críticas entre liñas de Díaz Ayuso e Cuca Gamarra.
Galicia é unha das catro comunidades onde o avance da dereita radical en España non se traduciu en escanos. Os 114.834 votantes galegos de VOX non serviron para lograr diputados. Con todo, as eleccións mostran que o voto nalgúns pobos -como Ribeira, Abadín ou Becerreá- inclínase paulatinamente cara á ultradereita, que ten unha oportunidade nas autonómicas de 2020 para lograr a representación nunha das poucas autonomías que aínda se lle resiste.
O líder do PPdeG anima unha rebelión interna no PSOE contra a coalición "letal" con Podemos e os socialistas galegos lémbranlle qeu foi o seu partido quen descartou primeiro pactar con Sánchez.
unha animada parodia na que, tirando de ironía, reflexionan sobre as consecuencias de a chegada dos morados ao poder, que ao final se produciu case cinco anos despois, aínda que sexa como socios minoritarios nun executivo de coalición:
Primeiras reaccións en Galicia a o anuncio dun preacordo de coalición entre PSOE e Podemos. O BNG asume que está chamado a ser un dos potenciais socios pero esixe un Goberno que execute unha "axenda galega" a cambio. Desde o PPdeG, Feijóo pide a Pedro Sánchez que rectifique e fuxa dos nacionalistas e negocie cos "constitucionalistas".
O presidente da Xunta insiste en ancorar ao seu partido no centro e reclama desbloquear España, o que pode entenderse como unha apertura de portas á gran coalición ou, polo menos, a pactos de estado co PSOE, como os que xa defendeu mesmo durante a fracasada investidura de Pedro Sánchez en contra do criterio de Pablo Casado
A perda é politicamente moi significativa porque o alcalde das Pontes é o líder do partido socialista na provincia e ademais presidente da Deputación Provincial da Coruña
Por segunda vez nun ano, os españois acudiron ao colexio electoral a elixir ao futuro presidente de España...e algúns a botarse unhas risas de paso. Este 10N deixou moitas imaxes curiosas no reconto de votos, que non estivo exento dun bo puñado de curiosidades.
Non é cuestión agora de asignar porcentaxes de responsabilidade, pero si de subliñar que, como evidencia a importante perda de apoio por parte dos dous partidos (10 escanos menos), o comportamento político destes dous dirixentes, que non atenderon o que era para todos evidente que quería a maioría dos seus votantes (un goberno de esquerdas), tivo o seu castigo electoral.