O BNG non renunciará a lograr avances para Galicia nin pola sentenza dos EREs nin polo que pidan outros nacionalistas

O Bloque admite que está a negociar a investidura de Sánchez co PSOE. Os nacionalistas rexeitaron hoxe condicionar o diálogo á condena por corrupción en Andalucía, do mesmo xeito que rexeitaron onte condicionalo ás propostas que expuña a CUP.


|

O Bloque admite que está a negociar a investidura de Sánchez co PSOE. Os nacionalistas rexeitaron hoxe condicionar ese diálogo á condena por corrupción en Andalucía, do mesmo xeito que rexeitaron onte condicionalo ás propostas que expuña a CUP.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que "as sentenzas seguen sen ser todo o duras que deberían ser cando se está roubando diñeiro de todos os cidadáns" en relación coa condena á antiga cúpula do PSOE en Andalucía polo caso dos ERE. 


Non titleO Bloque xa iniciou o proceso para designar a Pontón a súa candidata para as autonómicas de 2020


PRECANDIDATA A COMPETIR POLA XUNTA
A preguntas da prensa este mércores nun acto de presentación da súa precandidatura á Xunta, Pontón deixou claro que "a corrupción non é tolerable" e tense que "combater", polo que defende que "quen a fai débea pagar".

Así, cargou contra a "corrupción política no PP e o PSOE" en "os últimos anos no Estado", mentres que no caso dos ERE "quen ten que dar explicacións sobre isto é o PSOE, que terá que tomar as súas decisións".

Considera esta condena a exdirixentes socialistas andaluces "un exemplo máis dunha corrupción que non se pode normalizar, que ten que escandalizar". Por iso, comprométese a traballar para que "Galicia sexa un territorio libre" de corrupción.

Nesta liña, advirte de que non pode haber "conivencia con eses comportamentos". "Non se dan só no poder político, senón que estamos a ver que se dan tamén no poder económico", indica.

"ESTAMOS EN PROCESOS DIFERENTES"
A preguntas sobre se a sentenza dos ERE pode afectar as negociacións do BNG co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno, Ana Pontón respondeu: "Estamos en procesos diferentes".

Así, remarca que se está "negociando unha posibilidade para que os problemas de Galicia comecen a formar parte da axenda do Estado". Aquí identifica os servizos públicos, a lingua e cultura galegas, así como avanzar en políticas de igualdade.

ADMITE NEGOCIACIÓNS CO PSOE
"Non podemos dicir neste momento cal vai ser a posición de voto que teña o BNG nesta investidura, estamos nunha fase de negociacións", avisa.

A líder do Bloque quere centrar o debate sobre "os problemas" de Galicia, "quizá falar un pouco menos de Madrid e un pouco máis das necesidades que ten Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE