Interior Galego Vivo (IGV) é unha agrupación dunha ducia de candidaturas locais de pequenos concellos. Nas pasadas eleccións municipais, sacaron uns 15 edís e na súa inminente asemblea decidirán que facer nas autonómicas. Este é un dos temas desta entrevista con Antom Fente, mestre e militante de Por Chantada. A polémica do lobo, unha fiscalidade específica para o rural, o pacto de investidura e a falta de servizos públicos nas aldeas e vilas son outros dos temas desta conversación.
O presidente da Xunta PP argumenta que na declaración institucional que se negocia no Parlamento debe incluír tamén a condena específica do "vandalismo" contra o coche dun alcalde do seu partido, o de Oroso, a semana pasada. Así as cousas e, visto o clima prelectoral en Galicia, parece que a Cámara Galega será incapaz de condenar os graves disturbios, pois se necesita unanimidade.
En 2020 o voto de Néstor Rego (1962) foi decisivo para a investidura de Pedro Sánchez e que se conformase o primeiro Goberno de Coalición. Esgotada a lexislatura e cunha nova negociación para reeditar ese Goberno, o BNG volve a posicionarse como un socio necesario xa non só para a investidura, senón tamén para os orzamentos e outros acordos de calado. O parlamentario nacionalista atende a Galiciapress despois da primeira toma de contacto co PSOE. Nesta primeira parte da entrevista, Rego aborda temas como a Axenda Galega, a amnistía ou a investidura errada de Feijóo, co que non se quixeron reunir os nacionalistas galegos.
Esforzos que resultarían baldíos e que non podendo así evitar o fracaso. Un fracaso que resulta non a causa das razóns esgrimidas polo candidato (“non estou disposto a pagar os prezos que esixen os independentistas cataláns e aceptar unha lei de amnistía”) senón por que os soberanistas vascos e cataláns (incluso os de dereitas: PNV e JxCat) negáronlle os votos como rexeitamento á súa alianza coa extrema dereita (“para engadir os nosos votos, tería que restar primeiro os 33 de VOX”: Aitor Esteban, portavoz do PNV).
Unha Constitución que, en contra do que afirman os dirixentes políticos do Partido Popular, e non poucos comentaristas, deixa moi claro que non ten que ser proposto/a como candidato/a á Presidencia do Goberno o/a da lista máis votada. A súa quenda, señor Feijóo: respecte a Constitución Española e as normas máis elementais da democracia española.
O Xefe de Estado encarga ao líder do Partido Popular, señor Nuñez Feijóo, que busque de formar goberno (22 de agosto do 2023)
As novas Cámaras constituiranse o 17 de agosto e, a partir de aí, entrará en xogo o Rei, que abrirá unha rolda de consultas cos portavoces parlamentarios en busca do candidato á investidura
Este venres ten lugar a primeira sesión de constitución do Parlament. Posteriormente terán lugar as votacións para elixir ao novo presidente do goberno de Catalunya.
Arrinca a lexislatura no Parlamento de Galicia con intención de chegar a un acordo pola reconstrución unha vez que se supere o desastre do coronavirus. Agora ben, está por ver se as boas intencións exhibidas por dereita e esquerda concrétase en algo máis alá que unha comisión sobre a reactivación económica.
En España e en Galicia ábrese un ilusionante tempo novo. Un punto de partida co comezo dun Goberno progresista de coalición, que indubidablemente estará cheo de retos e de intenso traballo pola protección da cidadanía. É unha lexislatura na que se continuará gañando dereitos e liberdades, seguirase traballando por mellorar a convivencia e incidirase na defensa da xustiza social da man dun executivo que terá tamén sobre a súa mesa as necesidades específicas desta comunidade.
A diferenza de Casado, a quen volve a recomendar moderación, o presidente galego felicita a Sánchez. Iso si, xa prevé "inestabilidade" ante a existencia de "dous gobernos". Sobre o nomeamento de Yolanda Díaz como ministra de Traballo, alega que se trata dunha simple Secretaría de Estado pero, ao contrario que o Bloque, valora que a pilote unha galega.
Consólame que a súa historia centenaria, a parte boa da mesma, serviralles moito de axuda e que a liberdade de expresión aínda está vixente, aínda que pasaron cousas moi raras no último mes nas relacións do Goberno cos medios de comunicación.
En primeiro lugar pola súa foto cos representantes do PSOE mostrando un documento de acordo que é moito mais do que, por caso, os representantes do PSdeG-PSOE e GALICIA EN COMÚN poden mostrar hoxe, ou estes último puideron no seu día cando eran EN MAREA. En segundo lugar porque o seu voto afirmativo ao goberno PSOE-UP pode ser tamén un motivo de orgullo porque, aínda que resulta indiscutible que non hai unha axenda galega no programa do novo goberno, non cabe desprezar o conseguido dada a precariedade da representación galeguista no Parlamento español: un só deputado. Con todo, todo o anterior e desde unha perspectiva galeguista mais ampla, como a dunha opción que aspire a ser maioritaria en Galicia, si cabe lamentar, como repetidamente vimos sinalando nestas mesmas páxinas, a conxénita incapacidade das forzas galeguistas para procurar unha presenza no parlamento español equiparable á que teñen as forzas homólogas do País Vasco e Cataluña.
Damos a benvida ás forzas que a el sumáronse para permitir a conformación deste Goberno. Un Goberno que pon a Galicia e ás súas maiorías sociais no eixo central da súa estratexia, á que pretendemos dar continuidade co cambio político que xa emprendeu este país e que desembocará no resultado das próximas eleccións autonómicas. O tempo da política baseada na destrución do común terminouse.
Tras un pleno outra vez moi tenso, sae adiante a investidura do candidato líder do PSOE. Non houbo sorpresas de última hora, non se produciu o temido 'tamayazo', e Pedro Sánchez conseguiu máis votos a favor que en contra, o que lle permite chegar a meta nesta segunda votación.
Non era fácil falar no Día de Reyes a todas as Forzas armadas e sobre todo a unha Garda Civil ferida no seu amor propio polos “feitos de Navarra”.
O socialista Pedro Sánchez non logrou ser investido este domingo presidente do Goberno, pois aínda cando obtivo máis votos a favor que en contra no Pleno do Congreso, concretamente uno máis, non alcanzou a maioría absoluta que esixe a Constitución para o primeiro intento. A súa elección quedou pendente para unha segunda votación, o vindeiro martes, 7 de xaneiro.