Un novo tempo para Galicia

Ana Prieto

Deputada por Lugo no Congreso (foi a cabeza de lista) emembro da executiva galega do PSdeG PSOE. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, chegou a ser presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo. Ocupou a tenencia da alcaldía no Concello de Lugo, ademais da concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico.

En España e en Galicia ábrese un ilusionante tempo novo. Un punto de partida co comezo dun Goberno progresista de coalición, que indubidablemente estará cheo de retos e de intenso traballo pola protección da cidadanía. É unha lexislatura na que se continuará gañando dereitos e liberdades, seguirase traballando por mellorar a convivencia e incidirase na defensa da xustiza social da man dun executivo que terá tamén sobre a súa mesa as necesidades específicas desta comunidade.


O pasado 10 de novembro a cidadanía española, do mesmo xeito que a galega, decidiu de novo avanzar, apostar polas forzas de progreso. O Partido Socialista resultou a forza máis votada e co maior número de representantes, pero as dereitas e a ultradereita optaron pola irresponsabilidade e o bloqueo e trataron de boicotear a formación de goberno.


Fronte ao exercicio de diálogo e responsabilidade necesario para conseguir o arranque da lexislatura, formando unha coalición de progreso, de diálogo e de xustiza social, a coalición de facto das dereitas e a ultradereita mostrou o seu peor cara. Cos seus votos de intransixencia, os seus broncos debates, os seus insultos, as súas mentiras e as súas fake news, tentaron por todos os medios impedir a investidura de Pedro Sánchez e o inicio dun goberno con plenitude de funcións para dar solución aos problemas do país.





Foron días nos que ocorreron feitos moi graves e antidemocráticos, como as inadmisibles presións que recibimos as deputadas e deputados que iamos votar si. Fomos sinalados con mensaxes de todo tipo, pedíndonos, esixíndonos, presionándonos para votar en contra da investidura de Pedro Sánchez.


Foron días nos que ocorreron feitos moi graves e antidemocráticos, como as inadmisibles presións que recibimos as deputadas e deputados que iamos votar si. Fomos sinalados con mensaxes de todo tipo, pedíndonos, esixíndonos, presionándonos para votar en contra da investidura de Pedro Sánchez.


Na bandeira da liberdade bordé o amor máis grande da miña vida (Lorca)


Eu votei si á investidura de Pedro Sánchez porque quero un proxecto progresista para España que seguirá poñendo en marcha políticas para reducir a desigualdade. E votei si porque quero un goberno que aposte polos servizos públicos. E votei si porque quero que os problemas de Galicia sexan tidos en conta, tras demasiados anos nos que Rajoy ignorábanos e Feijóo, cómplice, non se atrevía a alzar a voz contra o seu xefe.


Coa investidura de Pedro Sánchez dá comezo unha nova etapa caracterizada polo diálogo, o traballo e o compromiso para afrontar os desafíos de España e de Galicia. Xunto coa subida das pensións e o salario mínimo, seguindo a senda do primeiro ano de goberno socialista, chegarán novas melloras para os empregados públicos e para os traballadores, así como máis medidas para fomentar a igualdade de homes e mulleres e para combater o cambio climático.


Son cuestións de gran importancia para os galegos, que padecemos os soldos e pensións máis baixos; e que se suman a outras reclamacións singulares que o executivo presidido por Pedro Sánchez xa comezara a resolver: profundarase nos avances para conseguir a transferencia da AP-9 e a rebaixa das súas peaxes e aprobarase o estatuto para a industria de gran consumo enerxético.


Por tanto, a elección de Pedro Sánchez como presidente do goberno contribuirá, sen dúbida, a que 2020 sexa o ano do cambio en Galicia. Despois de solicitar o apoio maioritario dos galegos e as galegas nas distintas citas electorais que tiveron lugar en 2019, estamos preparados para dar tamén a esta terra o goberno que necesita para abrir unha nova etapa de progreso, con Gonzalo Caballero como presidente da Xunta.



Deputados galegos no Congreso con Gonzalo Caballero, lu00edder do PSdeG

Deputados galegos no Congreso con Gonzalo Caballero o día da investidura






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE