Os camiños de ida e volta? de Bouldini e Stoichkov, dous artilleiros coa pólvora mollada

O intercambio pactado entre o Deportivo da Coruña e a Granada non está a dar o rendemento esperado a ningún dos clubs.


|

Stoichkov
Stoichkov | Foto: RC Deportivo

 

Cando toque botar a vista atrás nas longas carreiras de Mohamed Bouldini e Juan Diego Molina Martínez, mellor coñecido como Stoichkov, a tempada 24/25 non pasará a ser lembrada como a mellor da súa traxectoria. E todo parece indicar que a 25/26, tampouco será, no individual, a máis remarcable para estes dous xogadores, que comparten pasado, presente e, se nada o remedia, futuro. O marroquí, propiedade do Deportivo da Coruña, fixo as maletas no verán rumbo a Granada e do cadro nazarí chegaba a Riazor o polivalente futbolista de San Roque. Dúas apostas que nin a branquiazuis nin a franjirrojos saíronlle como esperaban, polo que as cesións parecen ter billete de ida e de volta a final de curso.

 

UN GOL CADA UN E COA MESMA VÍTIMA

Bouldini chegou o ano pasado á Coruña procedente do Levante co propósito de ser ese dianteiro que nutriría de goles ao Dépor no seu regreso a Segunda. Nada máis lonxe da realidade, pois o de Casabranca, en 22 partidos, só viu porta nunha ocasión, no empate ante o Eldense con 1-1 no luminoso.  

 

Bouldini
Bouldini | Foto: RC Deportivo

 

A Stoichkov non lle foi moito mellor nos Carmenes. A Granada parecía ser un equipo que pelexaría polo ascenso, pero en xaneiro a marcha de Uzuni parecía mandar ao traste as aspiracións dos andaluces. Miraron a Vitoria e atoparon a un goleador contrastado na división de prata como Stoichkov, que non gozaba de minutos en Mendizorroza. A súa fichaxe no mercado de inverno espertou ilusión, pero un só gol en catorce datas -un máis dos que fixo no Alavés-, evidenciou que a Granada necesitaba algo máis que ao ex de Eibar ou Mallorca. Curiosamente, o seu único festexo foi contra o Eldense, a vítima ideal tanto para el como para Bouldini. 

 

 

Con estes números, no verán fóronse un a ver a Alhambra e outro a Torre de Hércules. O resultado esta tempada é igual de insatisfactorio para as dúas entidades: Bouldini, propiedade do Dépor cedido na Granada, suma sete partidos xogados -dous deles como deportivista- e unha asistencia en 212 minutos ligueiros; Stoichkov, propiedade da Granada cedido no Dépor, suma trece partidos xogados -dous deles como nazarí- e unha asistencia en 551 minutos. Ningún viu porta en Segunda no que vai de ano. Stoichkov, iso si, anotou un gol en Copa, na goleada 1-5 á UD Sámano.

 

Ningún dos dous é titular -Bouldini, mesmo, perdeuse tantos duelos como os que xogou- e ningún ten argumentos ao seu favor para quedar baixos as ordes de Antonio Hidalgo e Pacheta. Só un xiro radical no seu rendemento podería facer cambiar o parecer dos seus novos equipos, que non parecen confiar en que ese despegamento poida chegar atendendo á súa traxectoria. Outro ano máis para o esquecemento nas carreiras de Bouldini e Stoichkov. Un máis. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE