Galicia en Común vota masivamente en favor da coalición para un goberno progresista

O 96,81% dos participantes na consulta entre as bases de Galicia en Común expresaron o seu apoio ao acordo para a formación dun goberno de coalición no Estado entre o PSOE e Unidas Podemos.

|

Máis da metade da militancia da confluencia vota na consulta para avaliar o pacto entre Pablo Iglesias e Pedro Sánchez. A porcentaxe de votos a favor mostra que o apoio é practicamente unánime.


O 96,81% dos participantes na consulta entre as bases de Galicia en Común expresaron o seu apoio ao acordo para a formación dun goberno de coalición no Estado entre o PSOE e Unidas Podemos.



Yolanda Du00edaz e Antu00f3n Gu00f3mez Reino, deputados de Galicia en Comu00fan

Díaz e Gómez Reino recolleron esta semana as súas actas como deputados de Galicia en común



A coalición electoral entre Podemos Galicia e Esquerda Unida deu a coñecer os resultados da consulta ás bases sobre o acordo asinado o pasado 12 de novembro polos líderes do Partido Socialista, Pedro Sánchez, e Unidas Podemos, Pablo Iglesias.

Segundo informa Galicia en Común na consulta han participado "7.364  persoas sobre un censo de militancia activa de 13.344 persoas". É dicir que votaron máis do 55%.


Entre todos eles houbo 7.124 votos a favor, o 96,8 por cento, mesma porcentaxe alcanzada polo 'si' na consulta realizada a nivel estatal por Podemos. Un total de 199 persoas se monstraron contrarios ao acordo de coalición.


"Os resultados da consulta marcan unha liña clara que aposta por un Goberno progresista no que En Común teñan un papel decisivo para defender as políticas das maiorías sociais deste país", sinala En Común, que conta con dous deputados no Congreso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE