A confluencia de Galicia En Común (Podemos Galicia), Anova e as mareas da Coruña e Santiago non logrou nin un só escano en Galicia, a pesar de que as enquisas lles daban entre seis e catro representantes nalgúns casos.
O líder de Podemos Galicia cre que Feijóo está moi nervioso, como proba que hoxe marchase de mitins a Ourense no canto de asistir ao debate da SER, onde si participaron o resto de candidatos con opcións. Para mostrarlle aos cidadáns que o cambio está moi preto, anima a outras forzas dei esquerda a asinar un documento conxunto de medidas de goberno. Iso si, insiste en que o voto útil é o de Galicia en Común, argumentando que o último escano en xogo en Pontevedra e A Coruña está en disputa entre eles e o PP.
Na súa serie de entrevistas electorais, Galiciapress entrevista ao candidato de Galicia En Común Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, que dá o salto desde Congreso dos Deputados a Galicia para tentar liderar a Xunta. O referente de Podemos Galicia só ve dúas alternativas: un bloque progresista, integrado polas tres forzas de esquerdas galegas, ou unha coalición entre o PPdeG e Vox. O suposto control dos medios de comunicación públicos por parte da Xunta, a crise sanitaria e das residencias ou a delicada situación do sector industrial galego son outros dos puntos que ocupan esta conversación.
Por distintas razóns GALICIA EN COMÚN non vai ter fácil a súa localización no espazo electoral das esquerdas galegas
n o PSOE, Ferraz apoiou os poucos cambios que Caballero impuxo nas listas configuradas polas direccións provinciais, coa xornalista Noelia Otero como fichaxe estrela.
A ex-líder de Esquerda Unida Yolanda Díaz, que mantén unhas boas relacións con Podemos Galicia. non se descartou como posible rival de Feijóo e Caballero nas próximas eleccións autonómicas. Un posto, o de cabeza de cartel do espazo que representa Galicia en Común, no que algúns tamén situán ao ex-alcalde de Santiago.
A de Yolanda Díaz foi a única voz que puxo o foco en Galicia no debate de investidura. A coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e ANOVA reclamoulle a Sánchez soluciones para problemas do país, sobre todo en infraestruturas. Algo insuficiente en opinión do Bloque, que cre que o país está ausente deste crucial debate.