Antón Gómez-Reino cualifica os resultados de Galicia En Común de “malos” e “inesperados”
A confluencia de Galicia En Común (Podemos Galicia), Anova e as mareas da Coruña e Santiago non logrou nin un só escano en Galicia, a pesar de que as enquisas lles daban entre seis e catro representantes nalgúns casos.

A baixa participación e a fractura de En Marea afectou sensiblemente ás aspiracións da forza liderada por Antón Gómez-Reino que explicou cariacontecido que estes eran uns resultados certamente decepcionantes para a confluencia.
“Son uns resultados malos e inesperados”, lamentou Gómez-Reino, que con todo admitiu que asumía a pesar deste estrepitoso trompazo nun feudo como é o galego que en 2016 situou a En Marea como a segunda forza política do país.
“Pasamos a analizar os datos e a facer unha reflexión profunda”, indicou o líder de Galicia En Común, que ademais aventurou que as primeiras sensacións desa reflexión chegará mañá.
“Un mal día para o noso país. Lamentamos non axudar e colaborar a ofrecer un ciclo de cambio en Galicia”, sentenciou Gómez-Reino.
Escribe o teu comentario