Gómez-Reino, presente na manifestación da sanidade, contento polo "rexeitamento" dos sanitarios "ao intento de suborno de Feijóo"

O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, enviou unha mensaxe de agradecemento aos profesionais santiarios polo seu "rexeitamento" ao "intento de suborno" do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, en referencia á oposición expresada por varios colectivos ao bono de 250 euros para os traballadores que fixeron fronte á pandemia en Galicia.

|

O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, enviou unha mensaxe de agradecemento aos profesionais santiarios polo seu "rexeitamento" ao "intento de suborno" do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, en referencia á oposición expresada por varios colectivos ao bono de 250 euros para os traballadores que fixeron fronte á pandemia en Galicia.


O candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, con Eva Solla, Martiño Noriega e outros membros da lista da coalición nunha manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública
Fíxoo en declaracións aos medios no arranque da manifestación que na mañá deste sábado percorreu as rúas de Santiago de Compostela para reclamar, convocados por varios colectivos, estabilidade laboral na sanidade pública.

"Vimos de meses moi duros nos que se demostrou o enorme compromiso dos profesionais sanitarios co conxunto de galegos e galegas a pesar dos recortes e a precaridad sistemática e deliberada do Goberno do PP e de Alberto Núñez Feijóo durante os últimos anos", sentenciou Gómez-Reino, acompañado este sábado por varios membros da candidatura como Eva Solla, Martiño Noriega ou Luca Chao.

Nesta liña, sinalou que a última década con Núñez Feijóo á fronte foron "anos moi difíciles" para a sanidade galega, que, di, ten hoxe "un 21 por cento menos de atención primaria, un nove por cento menos de camas" e que se produciu "o peche de áreas sanitarias" e "o intento de pechar o servizo de atención ao parto" no hospital de Verín (Ourense).

Así a cousas, tras "agraceder aos sanitarios do país por rexeitar o intento de suborno de Feijóo" en referencia ao bono de hostalería, Gómez-Reino fixo un chamamento a que o electorado "progresista" acuda ás urnas o 12 de xullo para "terminar" coas políticas "de recortes, privatización e precaridad" do PPdeG desde a Xunta.

"Necesitamos un Goberno galego que coide de quen nos coida, que coide dos nosos sanitarios e que entenda que son un elemento fundamental para coidarnos como sociedade", sentenciou Gómez-Reino, que se despraza esta tarde a Moaña e Cangas, na provincia de Pontevedra, para realizar senllos actos de campaña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE