Gómez-Reino chama a PSOE e BNG a lanzar un decálogo común de goberno pois 15.000 votos poden darlles a vitoria
O líder de Podemos Galicia cre que Feijóo está moi nervioso, como proba que hoxe marchase de mitins a Ourense no canto de asistir ao debate da SER, onde si participaron o resto de candidatos con opcións. Para mostrarlle aos cidadáns que o cambio está moi preto, anima a outras forzas dei esquerda a asinar un documento conxunto de medidas de goberno. Iso si, insiste en que o voto útil é o de Galicia en Común, argumentando que o último escano en xogo en Pontevedra e A Coruña está en disputa entre eles e o PP.
O líder de Podemos Galicia cre que Feijóo está moi nervioso, como proba que hoxe marchase de mitins no canto de asistir ao debate da SER, onde si participaron o resto de candidatos con opcións. Para mostrarlle aos cidadáns que o cambio está moi preto, anima a outras forzas de esquerda a asinar un documento conxunto de medidas de goberno. Iso si, insiste en que o voto útil é o de Galicia en Común, argumentando que o último escano en xogo en Pontevedra e A Coruña está en disputa entre eles e o PP.
O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, ve "nervioso" ao Partido Popular e o seu líder galego, Alberto Núñez Feijóo, porque no ecuador da campaña "está moito máis preto a vitoria da esquerda" e "o ocaso" dos populares na Xunta, unha derrota que, di, móvese nestes momentos nunha marxe de 15.000 votos.
Así o dixo Antón Gómez-Reino en declaracións aos medios na Praza do Obradoiro de Santiago este venres, xornada na que a campaña galega entra no ecuador a falta doutra semana para o seu peche.
"Son 15.000 votos os que nos separan de acabar con Feijóo", sentenciou o candidato da alianza de esquerdas, que insiste na idea de que o cambio é posible "se se mobiliza o voto progresista" o próximo 12 de xullo.
PELEXÁNDOSE POLO ÚLTIMO ESCANO CO PP NA CORUÑA E PONTEVEDRA
Deste xeito, incidiu en que Galicia En Común disputa deputados co PP nas circunscricións da Coruña e Pontevedra, polo que proclamou que o voto á coalición de Podemos, EU, Anova, Compostela Aberta e Marea Atlántica "vale dobre" porque "reforza" o bloque progresista e resta ao partido de Núñez Feijóo.
"Entramos no ecuador da campaña e está moito máis preto a vitoria da esquerda neste país e o ocaso do PP e o señor Feijóo", aseverou Gómez-Reino, que considera que os populares "están nerviosos" porque ven perigar a Xunta.
FEIJÓO PASOU DE IR Ao DEBATE DA SER
"Feijóo perdeu o debate do luns e hoxe escondeuse", engadiu a continuación en referencia ao encontro entre candidatos organizado este venres pola Cadea Ser e no que Núñez Feijóo foi o único aspirante á Presidencia das forzas convidadas (PP, PSdeG, BNG e En Común) que non asistiu.
Segundo Gómez-Reino, fronte a un PP "cun proxecto esgotado", "emerxe unha alterntiva real de tres forzas progresistas de esquerdas" que debuxan "un decálogo" de goberno que, para o deputado no Congreso, sería "moi positivo" que se transmitise ao electorado.
Sería moi positivo que as forzas de esquerda expuxésemos un decálogo de goberno. Activaría a sensación de que o cambio político é tanxible
"É moi positivo que se vexa que hai coincidencias entre as tres forzas das esquerda chamadas a gobernar este país. Sería moi positivo que as forzas de esquerda expuxésemos un decálogo de goberno. Activaría a sensación de que o cambio político é tanxible, que está ás portas", remarcou o candidato de Galicia En Común.
Escribe o teu comentario