"Que veñen os bolivarianos!", a banda galega Los Hermanitos predixo a chegada de Podemos ao poder (VÍDEO)
unha animada parodia na que, tirando de ironía, reflexionan sobre as consecuencias de a chegada dos morados ao poder, que ao final se produciu case cinco anos despois, aínda que sexa como socios minoritarios nun executivo de coalición:
Unha parte da dereita española respondeu con indignación ao pacto entre PSOE e Podemos para tentar formar un goberno de coalición. "O PSOE abrázase ao comunismo bolivariano", dixo, por exemplo, o líder do terceiro partido máis votado, Santiago Abascal (VOX).
O PSOE abrázase ao comunismo bolivariano, aos aliados dun golpe de estado, en metade dun golpe de estado.
— Santiago Abascal (@Santi_ABASCAL) November 12, 2019
Farémoslle responsable de cada dano que produzan á convivencia e á orde constitucional. #EspañaSiempre
O ton destas reaccións lembra ao das críticas dos seus rivais políticos e aliados mediáticos a Podemos cando, tras as penúltimas eleccións europeas, chegou a encabezar as enquisas do CIS como forza máis votada.
Por aqueles tempos, o dúo santiagués Los hermanitos publicou "Que veñen os bolivarianos!" unha animada parodia na que, tirando de ironía, reflexionan sobre as consecuencias da chegada dos morados ao poder, que ao final se produciu case cinco anos despois, aínda que sexa como socios minoritarios nun executivo de coalición:
Escribe o teu comentario