As primeiras enquisas dan un empate en Galicia e unha vitoria do PSOE en España

Estes son os resultados dunha enquisa  de GAD3 para as emisoras públicas.Non se trata dunha enquisa a pé de urna, senón dunha sondaxe realizada entre o 25 de outubro e o 10 de novembro para RTVE e a FORTA, as emisoras públicas.


|


Lideres votando


21:07 horas 

A nivel estatal:


  1. O PSOE gaña e é o máis votado con bastante diferenza, pero con entre 114- e 119 escanos, cando en abril sacou 123. 
  2. O PP sobe desde os 66 ata os 85-90. 
  3. Vox dá a sorpresa e dispárase ata 56-59, na terceira posición, duplicando os seus 24 de primavera.
  4. Unidos Podemos cae ata 30-34, desde 42.
  5. Cidadáns esborrállase desde os 57 a unha posible hecatombe de 14-15.
  6. Máis País lograría só tres escanos, ningún por Galicia.
  7. En Cataluña, Esquerra gañaría con entre 13 ou 14; por diante de Junts con 6 ou 7 e da CUP que entraría con 3 ou 4.
  8. O BNG sacaría un escano pola Coruña, pero está en disputa con Vox.


Estes son os resultados dunha enquisa  de GAD3 para as emisoras públicas. Non se trata dunha enquisa a pé de urna, senón dunha sondaxe realizada entre o 25 de outubro e o 10 de novembro para RTVE e a FORTA, as emisoras públicas. É a única enquisa que se coñecerá antes dos primeiros resultados oficiais.


Repartición escau00f1vos segun enquisa gad3





RESULTADOS EN GALICIA NAS ELECCIÓNS XERAIS DE 10N



En Galicia, habería empate entre PSOE e PP a nivel de escanos. Gañaría, iso si, a nivel de votos, o partido de Alberto Nuñez Feijóo, pero a penas por dous puntos:


Porcentaxe de voto en Galicia segun a enquisa de GAD3




Tanto PPdeG como PSdeG sacarían 10 escanos en Galicia, empatados a tres representantes na Coruña e Pontevedra; e a dous en Ourense e Lugo. En Común Unidas Podemos, terceiro,  mantería o seu deputado pola Coruña e a súa deputada por Pontevedra. O último escano, na Coruña, podería ser para o BNG, pero tamén para Vox.


Repartición de escanos por partidos



RESULTADOS OFICIAIS DAS ELECCIÓNS XERAIS ACTUALIZADOS EN VIGO


Por agora non se coñecen adianto de resultados oficiais, que se podra  ir seguindo nesta páxina:



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE