Galiciapress entrevista á número 1 socialista pola Coruña, quen desbota un executivo canda o PP que desatasque o Goberno de España, como suxeriu Felipe González. Polo contrario, sitúa ao partido nas antípodas dos conservadores, pese a ver factible pactos de Estado sobre Cataluña ou o ensino. Endesa As Pontes, o CIS e o suposto xogo sucio do PP nas redes sociais son outros temas desta conversa, a quinta ao fío do #10N, tras as publicadas con candidatos de PP, BNG, Ciudadanos e En Común Unidas Podemos.
A nivel estatal, Vox dispárase nas enquisas ante o esborralle de Cidadáns, ameazando a terceira posción de Podemos e achegando ás dereitas á maioría absoluta
Cada candidato presentou a declaración de bens e rendas, obrigatorias ao comezo de cada lexislatura. Abascal, Rivera e Casado, por esa orde, os que máis diñeiro reciben das súas formacións políticas.
Galiciapress entrevista a Antón Gómez-Reino (A Coruña, 1980), que volve ser cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos para o Congreso pola Coruña. O líder da formación violeta en Galicia xa obtivo escano nas pasadas eleccións. Reafirma o seu compromiso de “responder as demandas da cidadanía galega” e denuncia a intransixencia de Sánchez nas negociacións para formar un goberno. O delicado momento da industria galega, Cataluña e Carolina Bescansa son outros dos temas desta conversación, a cuarta das entrevistas electorais en Galiciapress, despois das dos candidatos de BNG, Cs e PP.
Decisións que respectamos por parte de Cidadáns.O problema de base é que levamos moitos anos, moitos gobernos centrais, que permitiron que se semente o odio e o separatismo, dando ás a esa turba violenta que estamos a ver actuar nas rúas.
Néstor Rego (1962) volve ser cabeza de lista do Bloque ao Congreso pola Coruña. O actual líder da UPG e ex-tenente de alcalde de Santiago volve atender a Galiciapress despois de que en abril quedase a un puñado de votos de dar o salto a Madrid e de devolverlle ao BNG representación no Congreso. Rego chama a votar a "a única forza política galega que se presenta ás eleccións" nun momento social e económico que desde a forza nacionalista cualifican de "emerxencia social".
En total, nove opcións políticas presentan candidatura en todas as circunscricións galegas. Trátase de PP, PSdeG, BNG, En Común-Unidas Podemos, Cidadáns, Vox, Pacma, Por un mundo + xusto e o Partido Comunista dous Traballadores de Galiza (PCTG).
Este domingo o candidato de máis País, Iñigo Errejón, dará o pistoletazo de saída da súa campaña en Barcelona e celebrará un peche a o grande en Madrid o 8 de novembro.
A posta en escena de Mariano Rajoy e Felipe González apostando polo pacto nun debate conxunto atopa eco case inmediato. Primeiro foi onte Pedro Sánchez quen -tamén no foro Vínculo Atlántico da Toxa- recolleu a luva e hoxe é Pablo Casado quen, de mitin por Galicia, ábrese a pactar cos socialistas. Unha idea que, por certo, aplaude Feijóo, porque sabe que desmovilizaría ás bases do PSdeG.
Máis País lograría un escano pola Coruña nas próximas eleccións xerais, segundo unha enquisa do propio partido filtrada a axénciaa Efe.
Todo sigue igual no PSdeG para as inminentes eleccións xerais. Bo, case todo. Sonsoles Rodríguez paga o seu apoio ao bando perdedor na batalla interna que levantou a José Tomei á presidencia da Deputación de Lugo retrocedendo un posto nas listas lucenses.