​Casado trata de reforzar o voto popular mentres PSOE e BNG apelan a evitar unha alianza Cs, PP e Vox

A segunda xornada de campaña en Galicia tivo como protagonista principal a Pablo Casado, secretario xeral do Partido Popular, que fixo campaña en Galicia xunto a Alberto Núñez Feijóo e prognosticou que Galicia seguirá sendo territorio exclusivo do PP no que se refire a escanos para a dereita.


|

A segunda xornada de campaña en Galicia tivo como protagonista principal a Pablo Casado, secretario xeral do Partido Popular, que fixo campaña en Galicia xunto a Alberto Núñez Feijóo e prognosticou que Galicia seguirá sendo territorio exclusivo do PP no que se refire a escanos para a dereita.


o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o candidato do partido para o 10N, Pablo Casado

Feijóo xunto a Casado


Casado, que asistiu ao magosto en Lalín, puxo o foco sobre a necesidade de que Galicia conte coa Alta Velocidade para dar a benvida ao ano Xacobeo en 2021. "Aquí veño falar sobre Galicia, a Galicia e para Galicia. Cando veño a Galicia, veño comprometer. Aquí non vimos de visita", declarou Casado, que reprochou a pouca presenza da comunidade autónoma durante o goberno de Pedro Sánchez.


Na mesma liña, o popular mostrou a súa preocupación polo mal momento que atravesa a economía galega con a incerteza que rodea os empregos de Alcoa San Cibrao, As Pontes e Endesa. "Levamos todo o ano falando disto e chamáronnos agoreiros. Alcoa, Ence, As Pontes, a PSA de Vigo, Navantia... Que máis necesita o Goberno para facer algo pola industria galega? Que máis ten que pasar?", cuestionou.


PSDEG

Como réplica, desde os socialistas reclamaron o voto para o PSOE para evitar unha “coalición das dereitas coa extrema dereita” en alusión á posible alianza de PP, Cidadáns e Vox.


Nesa liña expresouse o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, quen recalcou que ese non se trata do “discurso de medo” senón da “responsabilidade”.


"Casado sería presidente pero Abascal gobernaría España", profetizou Caballero en caso dunha vitoria das dereitas. Ademais, reprochou a Casado de que non ten “límite político nin ético para pactar coa ultradereita” e fixo un chamamento para combatelo cunha “participación masiva”.


BNG

Pola súa banda, Pontón pediu dar unha resposta “contundente " á "dobre inutilidade das forzas estatais" con Galicia, en alusión aos problemas que acosan ao país, como Alcoa, un problema cuxa receita para a nacionalista é “unha tarifa eléctrica propia”.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun mitin en Lugo

Pontón durante o mitin


"Non é de recibo seguir coa estafa eléctrica", lamentou Pontón, que lembrou que Galicia é unha das "grandes produtoras de enerxía". Nese sentido, sinalou ao dirixente autonómico como culpable de non apoiar a tarifa galega. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE