A abstención aumenta en Galicia e algo menos en España, segundo os últimos datos de participación

As eleccións ás Cortes Xerais deste 10 de novembro rexistra unha participación do 53,27% en Galicia, co 96,81 das mesas analizadas, segundo os datos publicados polo Ministerio do Interior na súa páxina web.

|


As eleccións ás Cortes Xerais deste 10 de novembro rexistra unha participación do 53,27% en Galicia, co 96,81 das mesas analizadas, según os datos publicados polo Ministerio do Interior na súa páxina web.


Os colexios electorais galegos abertos para a votación das eleccións xerais do 10 de novembro


Estes datos confróntanse aos recolleitos nos comicios do pasado 28 de abril, cando a participación ás 18,00 horas era do 58,91%. É dicir, a dúas horas de pechar os colexios electorais en Galicia xa votaran 1.320.046 persoas.

Este domingo foron chamados a votar 2.237.377 millóns de galegos, a participación baixou un 5,64% e ata esta hora depositaron as súas papeletas 1.153.885 persoas, da porcentaxe de electores tidos en conta para este avance (o 96,82%).

Segundo o Ministerio, 482.069 coruñeses xa acudiron ás urnas (o 52,81% dos votantes) este domingo. Así, tamén o fixeron 141.574 lugueses (o 51,41%) e 133.259 cidadáns de Ourense (52,24%).

Pola súa banda, a provincia de Pontevedra é a única que rexistrou un índice de participación superior ao da media da Comunidade. Alí, 54,85% habitantes saíron a exercer o seu dereito ao voto, o que se traduce en 422.728 persoas.

A pesar deste repunte, ningunha das catro provincias alcanza as porcentaxes rexistradas o pasado 28 de abril. Nin a nivel nacional nin autonómico.

DATOS ESTATAIS
No conxunto do Estado, a participación ata as 18,00 horas sitúase no 56,8% co 99% das mesas analizadas.

Nas eleccións do 28 de abril de 2019 a participación á mesma hora foi do 60,74%, polo que a participación nestas eleccións xerais é 3,9 puntos inferior á de fai sete meses.

En total, votaron ata as 18,00 horas 19,6 millóns de españois, case 1,5 millóns menos que o 28 de abril de 2019.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE