O sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña asómase ao conflito total. Tras cinco anos de parálises na negociación do convenio colectivo, os sindicatos maioritarios (#CIG, UXT e CCOO) dixeron basta. A oferta da patronal, cualificada de insultante, foi o detonante para anunciar un calendario de mobilizacións que ameaza con paros en decembro e unha folga indefinida despois de Nadal. O conflito afecto a case 2.000 empregados e ameaza a mobilidade de miles de usuarios diarios.