Manuel Ochoa (Tomiño, 1998) vén de lograr o billete para os Xogos Olímpicos de París onde fará o seu debut ao tempo no que se estreará o kaiak cros como modalidade olímpica. Esta moderna disciplina reune audacia, técnica e físico sendo unha ramificación do slalom clásico. Antes dos Xogos, e coa noticia aínda por dixerir, Ochoa atende a Galiciapress para comentar as súas sensacións, o seu percorrido e as súas aspiracións neste salto á elite do deporte mundial.