O Deportivo da Coruña, o último sobrevivente nunha Copa do Rei con luces e sombras para os galegos

O cadro herculino, sumido de cheo na pelexa por ascender a Segunda División, é o único representante da comunidade que queda no torneo do K.O. 


|

Nou00e9 Carrillo Du00e9por
Foto: RC Deportivo da Coruña

 

 

As opcións de que a Copa do Rei veña este ano ás vitrinas dun club galego son cada vez menos. Sendo realistas, sempre foron poucas, tendo en conta que en 121 edicións só o Deportivo da Coruña foi quen de traer o título a Galicia. Vigo Sporting, o pai coa Real Fortuna do que hoxe é o Celta de Vigo, o Racing de Ferrol e o mencionado Celta chegaron á final da Copa -os celestes nada menos que en tres ocasións-, pero só os herculinos saíron vitoriosos nas dúas finais que disputaron. Agora, pelexando por regresar a Primeira División, tinene ante si a oportunidade de, polo menos, meter entre o oito mellores do país, nun ano con claros e escuros na participación dos equipos galegos. 

 

 

O CAMIÑO DOS GALEGOS

O Deportivo estará no bombo do sorteo para os oitavos de final e, ao ser dunha categoría máis baixa que os equipos de Primeira, ten máis papeletas para que se cruce no seu camiño un coco, pois a estas alturas do torneo -e do século- aínda non se celebra un sorteo puro, de forma que os equipos que participan na Supercopa de España teñen prioridade de cruzamento contra un equipo de menor entidade.

 

Isto quere dicir que as opcións de enfrontar a Barça, Real Madrid, Atlético de Madrid e Athletic Club en xaneiro crecen. Con todo, hai que ter en conta que este ano se deron moitas badaladas antes de Noitevella: Racing de Santander, Burgos, Cultural Leonesa e Albacete, como o Dépor, deixaron na cuneta a equipos de Primeira División. Catro destes clubs -á espera de saber se a Granada elimina ao Raio- medirase a un do catro grandes do torneo.

 

A Antonio Hidalgo, técnico dos branquiazuis, non lle convence este sistema. "Se falo do que penso como afeccionados é unha evidencia que o equipo que vai á Supercopa, termina xogando todas as roldas condicionadas até cuartos de final. Non ten sentido. Se o miras pola parte dos equipos de inferior categoría seguramente un premio gordo contra eses equipos, é importante. Como afeccionado non ten sentido ningún que o sorteo siga sendo así porque seguro que os equipos de Primeira División non van estar moi contentos", razoou en rolda de prensa. 

 

 

 

O Dépor chega a oitavos tras superar aos cántabros da UD Sámano por 1-5, á CE Sbadell por 1-3 e ao RCD Mallorca por 1-0. Os baleares son o único equipo que non vén dunha categoría por baixo dos coruñeses, pero até ahoa o desempeño dos de Hidalgo foi sobresaliente na copa.

 

G8ZCGgJXsAAaSVg
Foto: RC Deportivo da Coruña

 

Non se pode dicir o mesmo do Celta, que pasou demasiados desgustos nesta competición. Os vigueses, con tres competicións este ano, aspiraban a dar unha sorpresa en Copa do Rei, pero a sorpresa leváronlla eles desde o primeiro día. Viaxaron a Asturias e sacaron un 0-2 contra o modesto Porto de Veiga e máis tarde, contra o Sant Andreu, víronse contra as cordas, empatando 1-1 na prórroga e salvados nos once metros tras anotar nada menos que sete penaltis. 

 

Os de Giráldez tiveron de novo un cruzamento amable, pero xogaron con lume contra o Albacete, que se adiantou no marcador, chegou a ir perdendo por 1-2 e empatou o partido no 94 para mandalo á prórroga. Sen transformacións na prolongación, todo decidiuse de novo pola pena máxima, pero os olívicos, esta vez si, estiveron cegados de face a gol: tres lanzamentos e ningún acabou no fondo da rede, dando o pase aos manchegos e claudicando antes de tempo.

 

 

A imaxe do Celta foi radicalmente oposta á do Ourense CF, o último en saír da carreira, pero deixando unha gran imaxe na Copa. Os aurienses recibiron onte no Couto ao Athletic Club, que se viu obrigado a resolver o partido na prórroga ante un combativo equipo local que resistiu canto puido aos leóns, que acabaron pedindo a hora baixo un chuvieiro ante o equipo que eliminou a Real Oviedo e Xirona para plantar en dezaseisavos. 

 

 

Unha rolda antes despedíronse Racing de Ferrol e Pontevedra, que caeron nos seus feudos ante Huesca e Eibar, respectivamente. Oscenses e armeiros fixeron valer a súa superioridade contra dous equipos moito máis enfocados na pelexa ligueira, onde ambos pugnan por un posto nos playoff de ascenso a Segunda División. Cabe dicir, ademais, que os da Boa Vila ajusticiaron á UD Ourense, que levou aos granates até a lotaría dos penaltis, onde a fortuna sorriu ao Pontevedra. O Racing de Ferrol, pola mesma vía, eliminara ao Langreo en Asturias. 

 

 

O soño da Copa este ano viviuse no campo do Negreira. A pequena localidade accedeu ao torneo eliminado ao Téxtil Escudo, ao que remontou o 2-1 da ida cun contundente 4-0 en Galicia, o que lle permitiu enfrontar á Real Sociedade. Os donostiarras, campións durante a pandemia, foron o agasallo para o municipio, que viu aos seus enfrontar no García Calvo contra un equipo de Primeira División, que levou o pase cun claro 0-3. De sete equipos que empezaron xa só queda un, pero na Copa sempre só pode quedar un. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE